sábado, 23 de decembro de 2017

Xincana de Nadal

O xoves realizamos no cole unha actividade moi divertida con códigos QR.
Un código QR é un sistema para almacenar información nunha matriz de puntos, caracterízase polos tres cadrados que se atopan nas esquinas e que permiten detectar a posición do código ao lector (móbil ou tableta)
Neste caso utilizamos os códigos QR para facer unha xincana de Nadal, a través de pistas para chegar ao lugar onde se atopaba o tesouro!
Lemos a primeira pista:
"Se os agasallos do Apalpador e Papá Noel queres atopar a xunto de Roelibros terás que marchar"


Roelibros é a mascota da biblioteca, así que para alí fomos.
Atopamos unha nova pista: " Que estades a buscar? Mirade na clase que rima con cesto"
Así que marchamos para a clase de sexto.

Outra pista estábanos a esperar "Unha señorita moi señoreada, que sempre vai en coche e sempre está mollada" Tiñamos que buscar un lugar onde houbera unha lingua.


Así que fomos á clase de Audición e Linguaxe, xa que ten unha lingua na porta.
Dentro atopamos outra pista: " Nesta clase hai que falar moito, ide a clase de 9 menos 8"
Marchamos para a clase de 1º, e alí estaba a última pista "Nunca quito a roupa, pero poño un disfraz, enriba do meu vestido verde ao chegar o Nadal"

A pista guiábanos a árbore de Nadal.
E alí atopamos a recompensa ao noso esforzo: o diploma dos mellores detectives da 1º edición de xincana de Nadal do CEIP de Monterroso. Ímolo colgar na clase para recordar o ben que o fixemos!
Felices festas!! 🎅🎄⛄

Ningún comentario:

Publicar un comentario