Chegou o Nadal para enchernos desa maxia especial ao carón dun fermoso
festival no que amosaron as súas
panxoliñas. Tamén participaron facendo felicitacións co lema: “coidamos o noso monte”, onde xurdiron
enxeñosas postais de Nadal coa aportación das familias, que luciron na
exposición do noso cole.
mércores, 26 de decembro de 2018
martes, 20 de novembro de 2018
GRABACIÓN DO PROGRAMA DE BRAULIO TUBER
Tivemos a sorte de ser seleccionados, os alumnos de 3º de Educación
Primaria, para poder participar nun programa moi divertido e unha experiencia apaixonante
da man de Braulio, onde manifestamos as nosas inquietudes polos mares e os océanos
e a importancia de coidalos para as nosas vidas.
luns, 12 de novembro de 2018
CELEBRACIÓN DO SAMAÍN E MAGOSTO NA ESCOLA
O outono xa chegou enchendo de ledicia e entusiasmo a nosa escola. Non nos
esquecemos destas celebracións e agradecemos a colaboración das familias na
aportación de orixinais cabazas.
mércores, 12 de setembro de 2018
BENVIDOS A UN NOVO CURSO ACADÉMICO 2018-2019
Un ano máis encheremos de ilusión as nosas mochilas para seguir fomentando
hábitos saudables de coidado dos nosos espazos naturais.
Estamos de noraboa porque seguiremos co proxecto VOZ NATURA: “O trasno da Peneda coida o noso bosque”.
A través de distintos obradoiros achegaremos a botánica aos nosos alumnos, seguindo
co coidado dos nosos hortos escolares.
venres, 18 de maio de 2018
Letras Galegas
Onte celebrouse o Día das Letras Galegas, a homenaxeada deste ano 2018 é unha galega de adopción: María Victoria Moreno, que se namorou da nosa lingua e a defendeu nunha época na que non estaba permitido.
O alumnado do CEIP Plurilingüe de Monterroso quiso facer a súa homenaxe persoal:
O alumnado do CEIP Plurilingüe de Monterroso quiso facer a súa homenaxe persoal:
- Os alumnos e alumnas de 3º e 4º realizaron unha biografía ilustrada.
- Os alumnos e alumnas de 5º e 6º de Educación Primaria resumiron e ilustraron as obras de María Victoria Moreno.
- Os alumnos e alumnas de Educación Infantil representaron nuns fermosos debuxos a obra "Eu conto, ti cantas"
- Os alumnos e alumnas de 1º e 2º representaron as tres partes da obra "E haberá tirón de orellas?": O Solpor, A noite e O mencer.
Espero que pasarades un bo día!!
mércores, 17 de xaneiro de 2018
CARTAS DE MONTERROSO A PORTOMARÍN E ANTAS DE ULLA
Que mellor forma para coñecer amigos/as novos/as e practicar a escrita que a través de cartas!
Os nenos e nenas de Monterroso ímonos cartear con nenos e nenas de Portomarín e Antas de Ulla.
Que ilusión cando recibamos a contestación!!
Os nenos e nenas de Monterroso ímonos cartear con nenos e nenas de Portomarín e Antas de Ulla.
Que ilusión cando recibamos a contestación!!
martes, 2 de xaneiro de 2018
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)