venres, 27 de xuño de 2014

FABULOSO FESTIVAL DE FIN DE CURSO

Realizamos o día 20 de xuño, no pavillón polideportivo, o festival de fin de curso onde os alumnos amosaron as súas dotes teatrais, as acrobacias máis divertidas realizadas polos distintos cursos de Educación Infantil e Primaria.


Os máis pequeniños sorprendéronos coa representación da obra teatral "O coelliño branco"




A tradición oral da man da cantiga "A vaca Marela", interpretada polos alumnos de 5º de Infantil.
 



Os artistas de 6º de Educación Infantil agasalláronnos cun fermoso baile.




Os alumnos de 1º e 2º de Primaria tamén nos adicaron fermosas cancións en inglés.





As acrobacias dos alumnos de 6º de Educación Primaria entusiasmaron ó público.
 
  
FELIZ VERÁN A TODA A COMUNIDADE EDUCATIVA!!!

mércores, 25 de xuño de 2014

XORNADA DE CONVIVENCIA E SAÍDA DIDÁCTICA NO ESPAZO NATURAL DA PENEDA

Como remate de fin de curso, toda a comunidade educativa desprazouse ata a área recreativa da Peneda para disfrutar de actividades lúdicas e dun bo xantar en convivencia.






luns, 23 de xuño de 2014

ESPÉCTACULO MUSICAL DE MIGALLAS

O día 19 de xuño tivemos a oportunidade de poder disfrutar no auditorio do Centro Cultural dun espectáculo musical: Pan de Millo, onde o grupo de teatro Migallas realizou una exposición de todo o proceso de elaboración do pan de millo ó carón de cantigas de tradición oral da nosa cultura popular.








martes, 10 de xuño de 2014

OBRADOIRO DE CREACIÓN: O CONTO VIAXEIRO DOS BOLECHAS

Unha iniciativa levada a cabo pola profesora de Educación Infantil de 4º B, cos seus alumnos e as súas familias. A experiencia consistía en que cada familia aportara historias e contos cheos de creatividade ao carón dos centros de interese: estacións, Entroido, Magosto, tendas, alimentación e a Peneda; tendo como protaganistas as personaxes dos Bolechas e ós alumnos participantes.
Velaquí a supercreativa participación das familias nunha verdadeira obra de arte:



















mércores, 4 de xuño de 2014

OBRADOIRO DE ALIMENTACIÓN E CONSUMO: FACEMOS O QUEIXO E COÑECEMOS O SON DA ALDEA

Unha saída dos alumnos de Educación Infantil que resultou atractiva e cansina, na que puidemos disfrutar do sabor da aldea, da súa contorna, das labouras doutrora e coñecer de preto a elaboración do queixo. Cada neno levou para a súa casa o queixiño realizado por el.



Esta é a aldea de Alba, en Palas de Rei. Qué chula!



O primeiro que fixemos foi visitar a granxa.


Despois Xosé Luis explicounos o proceso de elaboración do queixo.



Qué gustiño! Laura xa sabía facer o queixo.



Canta paciencia fai falta para facer un queixo!




Puidemos contemplar desde o cruceiro como saían as vacas para fóra.



Tamén probamos o iogur ecolóxico feito en Arqueixal.




Na eira fixemos un concurso para ver quen debullaba primeiro o millo.


A monitora ensinounos como era o traballo do liño.


En pleno siglo XXI tamén puidemos contemplar de lonxe a casa ecolóxica construida nesta aldea para un fin de semana de descanso.