O alumnado do CEIP Plurilingüe de Monterroso quiso facer a súa homenaxe persoal:
- Os alumnos e alumnas de 3º e 4º realizaron unha biografía ilustrada.
- Os alumnos e alumnas de 5º e 6º de Educación Primaria resumiron e ilustraron as obras de María Victoria Moreno.
- Os alumnos e alumnas de Educación Infantil representaron nuns fermosos debuxos a obra "Eu conto, ti cantas"
- Os alumnos e alumnas de 1º e 2º representaron as tres partes da obra "E haberá tirón de orellas?": O Solpor, A noite e O mencer.
Espero que pasarades un bo día!!