luns, 26 de novembro de 2012

CELEBRACIÓN DO MAGOSTO NA ESCOLA

 
 
 
Con materiais de refugallo fixemos uns bolsos moi xeitosos para gardar as castañas quentiñas!
 
 
Mirade que ben nos quedaron!
 
 
 
Que boas están as castañas!
 

Realizamos moitos xogos no patio, tendo como protagonista a castaña.







 
Todos os alumnos do cole participaron activamente nesta xornada lúdica.











Volve o Magosto a nosa escola co intenso arrecendo a castañas asadas e una morea de actividades lúdicas. Unha xornada estupenda para lembrar á protagonista do outono na Comarca da Ulloa.

 


 

martes, 13 de novembro de 2012

CAMPAÑA SOLIDARIA DO CEIP: TODOS CON UXÍA!

 




 
 
Dentro do obradoiro de reciclaxe que comezamos no presente curso académico, decidimos fomentar a recollida selectiva de tapóns (plástico) ó tempo que nos sumamos á campaña solidaria "Todos con Uxía".

luns, 5 de novembro de 2012

OBRADOIRO DE ALIMENTACIÓN E CONSUMO: EXPOSICIÓN DOS FROITOS DO OUTONO

Os alumnos de Educación Infantil atoparon un tesouro do outono para coñecer, probar e disfrutar dos froitos típicos do outono, nunha caixa na que descubriron o trasniño que ía amosando aos nenos os produtos propios desta zona.


Que haberá nesta caixiña?




Canta emoción e curiosidade por saber que tería a caixa do outono!




Cada neno atopou unha tarxeta co nome dunha froita máxica.



Canto agarimo recibiu o trasno que se agochaba na caixa!




Mirade, atopei unha noz!



Pois eu atopei unha fermosa carocha de millo!




Mirade que marmelo máis xeitoso!



Eu atopei unha froita con moita vitamina: o kiwi.



Encontrei a froita protagonista do outono na nosa vila: a castaña!


EXPOSICIÓN DOS FROITOS DO OUTONO




luns, 22 de outubro de 2012

OBRADOIRO DE EDUCACIÓN MEDIOAMBIENTAL: CONTO "O TRASNO DA PENEDA"

Velaquí o primeiro obradoiro deste curso. Ao carón do conto "O trasno da Peneda", achegamos ós máis noviños a estación do outono, a paisaxe das cores e dos froitos típicos desta data. Participaron e disfrutaron das imaxes e do contacontos onde amosábamos o espazo natural da Peneda, ilustrada co noso amigo trasno. Nesta experiencia entusiasmáronse co tesouro do outono, a castaña, e co coidado controlado dos nosos ríos.

O TRASNIÑO DA PENEDA!!!


Agochado no medio das follas atopamos o trasno!





O trasno recomenda manter sempre limpo os nosos ríos e espazos naturais do noso concello!




Puidemos ollar os froitos das nosas carballeiras: as landras.


luns, 10 de setembro de 2012

BENVIDOS AO CURSO 2012-2013!

Seguimos animados para informarvos de todas as actividades e obradoiros que vaiamos realizando neste novo curso que comeza. De entrada estamos de noraboa porque fomos seleccionados co noso proxecto, "As árbores, fábricas de osíxeno", para participar no Programa Medioambiental de VOZ NATURA e galardonados cunha dotación económica importante.



Realizaremos unha xeitosa plantación de árbores no patio da nosa escola. Tentaremos reforestar o noso contorno máis próximo, tratando de inculcar ós nosos alumnos e alumnas hábitos medioambientais e   fomento do aforrro enerxético para acadar unha vida sá e sostible.

luns, 25 de xuño de 2012

FESTIVAL DE FIN DE CURSO










Como broche final a un curso intenso e cheo de numerosas actividades e interesantes obradoiros, por fin chega o festival de fin de curso para o que traballamos moito as dramatizacións e as coreografías.
Lembrar o esforzo realizado por todos os alumnos e as profesoras que colaboraron no festival, facéndonos disfrutar dunha xornada única e inesquecible.
Como todo traballo ten a súa recompensa, desexamos desde o Equipo de Dinamización Lingüística a toda a comunidade educativa un...

FELIZ VERÁN!