Estes días estivemos moi atareados cos xornais. Fixemos moitas actividades relacionadas con este medio de comunicación pouco coñecido para o alumnado.
Tivemos na entrada unha exposición de xornais moi variados!!
Estes días estivemos moi atareados cos xornais. Fixemos moitas actividades relacionadas con este medio de comunicación pouco coñecido para o alumnado.
Tivemos na entrada unha exposición de xornais moi variados!!
O pasado 8 de marzo conmemoramos no noso centro o Día Internacional da Muller.
Realizamos diferentes actividades para sensibilizar aos nenos na igualdade, respecto e tolerancia entre as persoas.
Na entrada tivemos expostos diferentes libros sobre esta temática.
O alumnado de primaria escribiu un montón de adxectivos positivos da MULLER. Con eles formaron este precioso mural!!
Os nenos de infantil e do 1º ciclo de primaria disfrutaron co contacontos
" Lúa non quere ser princesa".
Un ano máis celebramos no noso centro o Día de Rosalía de Castro e despois de traballar algúns dos seus poemas así nos quedou o noso mural!
Estas semanas estivemos moi ocupados preparando a festa do Entroido!!
Ademais de preparar os disfraces que cada ciclo elexiu coa temática dun conto, cada día o MECO dábanos unha orde que todos debiamos de cumprir e moi graciosos ao colexio vir...
As nosas aulas e os corredores estaban moi ambientados...
O alumnado de INFANTIL realizou un taller de cociña: as rosquillas eran o noso obxectivo.
O alumnado do noso centro celebrou o día 30 de xaneiro esta data tan sinalada.
Fixemos unha andaina solidaria polo pobo que finalizou cantando todos xuntos a canción "Móvete" de Paco Nogueiras.
A entrada ó noso cole figuraba con este mural. A mensaxe estaba clara!!