mércores, 24 de novembro de 2021

25 NOVEMBRO

 

Como tódolos 25 de Novembro celebramos o Día Internacional contra a violencia de xénero. Dende o noso centro rexeitamos calquera tipo de violencia e soñamos cun mundo no que a sociedade sexa igualitaria.

No conto “Pepuka e o mostro que lle roubou o sorriso” coñeceremos a unha nena que recupera a súa felicidade.

CONTO "PEPUKA E O MOSTRO QUE LLE ROUBOU O SORRISO"

ACTIVIDADES PEPUKA

luns, 25 de outubro de 2021

SAMAÍN

 

Como tódolos anos decoramos o colexio para celebrar o Samaín e escoitamos un conto. Este ano “Como mola a túa vasoira” da autora Julia Donaldson. Trátase dunha bruxa que vai perdendo as súas cousas e vanas atopando animais que se fará compañeiros de viaxe, a xenerosidade da bruxa finalmente verase recompensada.

A continuación tedes un enlace con actividades relacionadas co conto dirixidas a Educación Infantil.



ACTIVIDADES E.I. DO CONTO COMO MOLA A TÚA VASOIRA!

martes, 14 de setembro de 2021

BENVIDOS AO CURSO 21-22

De novo andamos polo blog para continuar compartindo experiencias e xogos virtuais co fin de fomentar o uso galego.



Como non podía ser doutra forma... subimos a foto do mural que realizaron as mestras ao comezo do curso.


domingo, 20 de xuño de 2021

XORNAL ESCOLAR

Durante a semana da prensa (8 de marzo) comezamos a elaborar o noso xornal escolar.

Pasamos moitos meses coa creación deste proxecto común, xa que implicou a todo o alumnado e profesorado, pero por fin temos a satisfacción de amosarvos o resultado, que ademais sérvenos para recordar como superamos este ano tan atípico.

Desfrutade da lectura e felices vacacións!


XORNAL DO C.E.I.P. MONTERROSO

xoves, 13 de maio de 2021

LETRAS GALEGAS. XELA ARIAS

 Como cada 17 de Maio; dende 1963; celebramos o DÍA DAS LETRAS GALEGAS. Día no que homenaxeamos a persoas que destacaron polas súas aportacións na nosa lingua. Este ano recordamos a XELA ARIAS.


Durante esta semana, o alumnado de Educación Primaria do noso centro participou no “ESCAPE ROOM”. Convertéronse en reputados lingüistas que tiveron que axudar aos membros da Real Academia Galega a recadar información perdida de Xela Arias para poder celebrar o noso día! 

As probas non eran sinxelas, pero algún grupo conseguiuno...

A continuación tedes un vídeo resumo da vida de Xela Arias e un Genially co que podedes seguir aprendendo moitas cousas da homenaxeada deste ano.

VÍDEO XELA ARIAS 

GENIALLY


mércores, 21 de abril de 2021

DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO

 Hoxe 23 de Abril, celebramos O DIA DO LIBRO, e facémolo da mellor maneira posible, creando un entre todo o alumnado do centro.

Antes de nada, gustaríame darvos parabéns pola vosa implicación, xa que este traballo e froito de todos/as.

A continuación podedes ollar un conto inventado por 5ºA,5ºB e 6º; que foi titulado por 4º como: “Os catro grandes exploradores”. A posta en escena e representada polo alumnado de 1º, 2º e 3º de Primaria.

Por último, amósase o Audiolibro coas ilustracións realizadas polo alumnado de Infantil.

Agardo que o resultado final vos faga tanta ilusión coma a min! E non vos esquezades de que poderedes atopalo na biblioteca escolar.




sábado, 6 de marzo de 2021

DÍA DA MULLER

  Para festexar o 8 de MarzoDía da Muller", ademais da exposición de inventos realizados por mulleres que levaremos a cabo no centro. No seguinte enlace encontraredes material para descargar relacionado coa campaña “Os Bolechas pola igualdade”. 

-     Conto dos Bolechas pola Igualdade.

-     Caderno de actividades.

-     Unidade Didáctica.

xoves, 18 de febreiro de 2021

DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO

Bos días! Hoxe, 24 de Febreiro celebramos o Día de Rosalía de Castro.

Na ligazón que tedes abaixo, encontraredes varios apartados. É importante que pasedes polo de información, no que encontraredes vídeos da biografía de Rosalía de Castro (recoméndovos os dous que están cara a dereita) e a visita virtual da casa museo de Rosalía. En contos e cantos encóntranse vídeos con poemas de Rosalía.

Unha vez visitado eses dous apartados, estaredes preparados para o xogo. (pinchade no voso nivel).

Espero que aprendades e desfrutedes con Rosalía.

                                                        ROSALÍA DE CASTRO

martes, 26 de xaneiro de 2021

DIA DA NON VIOLENCIA E A PAZ

O Equipo de Actividades Complementarias e Extraescolares e o de Dinamización da Lingua Galega do centro elaboramos un Kahoot para celebrar o Día da Non Violencia e a Paz. E que mellor día para compartir, axudar, cooperar, ser bos compañeiros... Por ese motivo, e como novidade están convidados a participar no Kahoot o C.E.I.P de Palas de Rei e o C.E.I.P. Plurilingüe Antas de Ulla.

A participación realizarase dende as vosas aulas, a nivel grupal. Premede en KAHOOT e ingresade no lugar do nome: NIVEL E CENTRO.

Desfrutade do xogo!

                                KAHOOT