luns, 11 de marzo de 2013

UNHA TRADICIÓN ENGAIOLANTE: O ENTROIDO

O Entroido na escola ten un sentimento especial, desde sempre sentímonos moi involucrados con esta festa para disfrutar, imaxinar, degustar e concienciar a sociedade de que unha festa tan ancestral nunca debe perderse.






Os alumnos de Educación Infantil disfrazámonos de Pinga Plof despois de fomentar inquietudes de respecto cara a auga, facendo dela un consumo responsable.
 



No 1º ciclo protagonizaron unha sesión de skate, confeccionando os patinetes con materiais de refugallo.




 
No 2º ciclo, puxeron especial interés en utilizar roupa vella e materiais de refugallo, facendo una homenaxe ós oficios dos nosos antergos: queixeiras, zoqueiros, feireantes...

 
No 3º ciclo recrearon un bosque animado cheo de flora e fauna típica da Comarca da Ulloa, aludindo ó reciclaxe do lixo nos distintos contedores.
 
 
Para rematar a festa, non podía faltar as larpeiradas típicas do Entroido, acompañadas dunha gran chocolatada, a cal puidemos degustar xuntos no comedor do centro educativo.

luns, 4 de marzo de 2013

CREACIÓN DA BRIGADA VERDE

Para o mantemento e conservación da nosa plantación e do coidado e limpeza do noso patio escolar, inauguramos xunto con esta xornada a BRIGADA VERDE integrada por todos os alumnos de 5º e 6º de Educación Primaria, co obxectivo de vixiar as árbores e tamén axudar ós seus compañeiros a depositar cada lixo no seu colector na hora do recreo.






 
 
Parabéns a todos os componentes da Brigada Verde pola vosa colaboración e o voso esforzo altruísta!