Hoxe en día utilízase o termo Diversidade Funcional, xa que todos somos diferentes pero ao mesmo tempo iguais. Somos diversos e únicos.
Como di Ángela Carolina Aguilera (poeta invidente):
"As persoas con discapacidade non somos nin temos capacidades diferentes.
Todos, con o sen discapacidade temos capacidades diferentes,
e si, somos diferentes,
como o son cada ser humano, que é único e valioso nas súas distintas
diferenzas"
Deixámosvos unha fermosa canción feita polos alumnos/as do Ceip Antonio Fernández López (Oural, Sarria) que trata este tema.
Feliz domingo!
Ningún comentario:
Publicar un comentario