Durante estas semanas celebramos o Día da Muller. Este ano centrámonos nas mulleres científicas xa que aínda hoxe, en todo o mundo seguen a existir diferenzas de xénero nos sectores da ciencia, a tecnoloxía, as enxeñerías ou as matemáticas.
Os máis
cativos do centro fixeron uns experimentos:
- “O ovo saltarín” no que puideron observar como o vinagre desfai o calcio da cáscara do ovo poidendo rebotar.
Co outro experimento aprenderon a importancia de lavar as mans.
Non é maxia, é ciencia!
O alumnado
de primaria investigou sobre algunhas científicas para crear unha exposición e agora poderán demostrar todo
o aprendido no Kahoot.
Recordade
tanto a ciencia como a igualdade de xénero son vitais para o noso futuro.