Resultou unha actividade lúdica e fermosa na que metemos o "formiguillo da botánica" nos nosos alumnos e nas súas familias, de xeito que na nosa sociedade se coñeza e valore os beneficios e os principios activos das plantas que serven para curar e protexer a nosa saúde.
luns, 26 de maio de 2014
OBRADOIRO DE ECOLOXÍA E MEDIOAMBIENTE: A BOTICA DO NOSO COLE
Unha experiencia levada a cabo coa colaboración da Fundación Barrié de la Maza na que conseguimos crear una botica de plantas aromáticas e medicinais, inculcando nos alumnos unha alternativa natural e única na que fomos sementando 23 sementes para ver medrar as plantas máis coñecidas da nosa comarca. Tiveron moita sorte nesta ocasión os alumnos de 3º curso de Educación Primaria e 5º de Educación Infantil, participando na botica do cole con moita curiosidade, participación e entusiamo.
mércores, 21 de maio de 2014
CONTACONTOS NA ESCOLA: ACTUACIÓN DE NACHO DE LALÍN
Da man de dous inxeniosos artistas da palabra e da música e ao carón dun bandoneón, os nenos do noso centro desfrutaron dunha xornada lúdica e musical impresionante. Os alumnos puideron interactuar nas cantigas, refráns e contos de recollida tradicional da Comarca do Deza.
luns, 19 de maio de 2014
OBRADOIRO DE TRADICIÓN ORAL: O TESOURO DA NOSA LINGUA
Unha proposta que resultou moi atractiva para todos os alumnos do centro. Consistiu en elixir coa colaboración da súa familia unha palabra máxica da nosa lingua e facer con ela unha ilustración ou unha manualidade. Con todas as palabras máxicas presentadas realizamos unha magnífica exposición no corredor principal do centro.
Velaquí a mostra:
sábado, 17 de maio de 2014
SEMANA DAS LETRAS GALEGAS: LEMBRANZA DOS NOSOS ESCRITORES
Realizamos distintas actividades para homenaxear ao poeta guitiricense Xosé María Díaz Castro, investigando a través de distintas unidades didácticas un pouco máis na súa obra e na súa vida. Recitamos os seus poemas e tamén fixemos unha grata lembranza a poetisa Rosalía de Castro.
Unha xornada de reflexión para inculcar ós máis novos o interese por coñecer os escritores da nosa lingua que sen dúbida foron e son o timón da nosa cultura.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)