mércores, 29 de febreiro de 2012

UNHA DATA CHEA DE DIVERSIÓN: O ENTROIDO












O venres día 17 preparamos unha gran festa para recibir o Entroido. Toda a comunidade educativa amosou os seus disfraces desde Educación Infantil lembrando a Mickey e Minnie, personaxes moi queridos polos nenos, pasando pola mascota Pupi, nos primeiros ciclos de primaria, os Piratas do Caribe no 2º ciclo, a Romaría do Rocío e o Rally da Ulloa no 3º ciclo.
Achegando a tradición gastronómica destas datas, tamén celebramos a típica chocolatada do Entroido.

luns, 6 de febreiro de 2012

DÍA DA PAZ E NON VIOLENCIA



Este día tan sinalado para todos tentamos facer un supermural alusivo ó Día da Paz e Non Violencia fomentando durante todo o ano hábitos de convivvencia e tolerancia. Amosamos os traballos de todos os cursos neste especial e entrañable Arco da Vella.