mércores, 28 de marzo de 2012

OBRADOIRO MEDIAMBIENTAL: DÍA DA ÁRBORE








Dentro dunha xeitosa iniciativa e fomentando o gusto polo coidado da natureza, despois de traballar unha unidade didáctica sobre o carballo en toda Primaria. Procedemos moi ilusionados a realizar a plantación da primeira árbore coa que conta o noso patio, coa finalidade de reforestar o noso patio de recreo e enchelo de vida, osíxeno, sombra e facéndoo acolledor.
Ogallá esta iniciativa se vexa agasallada ca participación no proxecto do vindeiro curso en Voz Natura!

luns, 5 de marzo de 2012

ELABORACIÓN DO REFRANEIRO DA ULLOA






Seguindo co lema "Agasalla o teu refraneiro" e contando coa colaboración das familias, seguimos a traballar un ano máis na recompilación de refráns relacionados coas estacións do ano, as tarefas agrícolas, a vendima, a matanza do porco, o magosto, os meses do ano, o Nadal, o Entroido... achegando as nosas tradicións ó carón dos refráns aportados polas familias e ilustrados polos nenos.
Velaí tedes a mostra desta obra de arte!