martes, 23 de maio de 2017

SEMANA DAS LETRAS GALEGAS


Este ano adicado ó escritor Carlos Casares, a través de unidades didácticas e da exposición no corredor principal do centro, tentamos achegar a súa obra.


As actividades foron diversas e divertidas, en colaboración co equipo da biblioteca.


Acompañounos o xenial Miguel Anxo Alonso Diz, para presentarnos dous dos seus contos; "O soño de Esther" e "A nena feliz".

RECUPERACIÓN DOS XOGOS TRADICIONAIS


No intento de dar a coñecer os xogos populares dos nosos avós, achegando como pasaban as horas de ocio e de lecer, contamos coa colaboración da profesora de Educación Física e das familias.


Xogos populares como os zancos, a petanca, os aros, a mariola...



Unha xornada lúdica e inesquecible na que recuperamos os xogos tradicionais da nosa comarca.

martes, 9 de maio de 2017

CELEBRACIÓN DA SEMANA DA PRENSA NA ESCOLA


Este ano, da man de xornais da provincia de Lugo celebramos a Semana da Prensa destinada a dar a coñecer a importancia dos medios de comunicación na aula. 







Os nosos alumnos tiveron a ocasión de facer artigos de prensa e coñecer a elaboración das noticias nos distintos medios de comunicación.