xoves, 10 de decembro de 2009

Curso novo, vida nova.


Comezamos un novo curso, con moitas caras novas, moi noviñas, e iniciamos o segundo ano de vida deste blog, unha xanela pola que queremos saír un pouquiño ó exterior.

xoves, 21 de maio de 2009

O castro de Viladonga


Os nenos e nenas de infantil visitamos o castro de Viladonga no mes de maio. A todos nos pareceron unhas casiñas moi interesantes. Tamén vimos unha representación con títeres, había unha bruxa que daba moito medo.

xoves, 7 de maio de 2009

Anxo Fariña o Día do Libro






O Día do Libro tivemos a sorte de ter aquí a Anxo Fariña, que nos abraiou cos seu debuxos. Dámoslle as grazas pola visita que nos fixo, sobre todo os máis pequenos do cole.

xoves, 23 de abril de 2009

O pan


Unha das mellores experiencias no que levamos de curso foi facer o pan. Ademais, para ser novatos, saíronnos uns boliños moi saborosos.

Semana da prensa


A semana da prensa foi unha experiencia interesante. Poidemos ver xornais da nosa terra e algúns de fóra. Os xornais deportivos estiveron entre os máis celebrados, incluso entre os máis pequenos.

xoves, 26 de marzo de 2009

O entroido







O entroido é unha das festas que máis nos gustan. Vivimos con emoción non só a troula dese día, senón os preparativos dos días, e semanas, anteriores. Ademais dos disfraces, fixemos unha degustación de produtos típicos: as orellas tiveron un éxito incrible!

venres, 27 de febreiro de 2009

Día da PAZ


No noso "cole" intentamos que o día da Paz sexa permanente, pero é inevitable que a finais de xaneiro nos fixemos un pouco máis nesta palabra. Aquí temos algúns dos traballos que fixeron os nenos e nenas de infantil e primaria.

xoves, 12 de febreiro de 2009

O nadal


Fixemos algunha visita, aproveitando o Nadal, entre outras ó Belén de Begonte. Ós nen@s de tres anos gustoulles moito