Aquí vos deixamos o segundo volume
do Xornal Escolar do centro. Grazas pola aportación de cada aula, e en especial
pola axuda da mestra María quen fixo que cobrase vida.
Agardamos que vos guste!
Aquí vos deixamos o segundo volume
do Xornal Escolar do centro. Grazas pola aportación de cada aula, e en especial
pola axuda da mestra María quen fixo que cobrase vida.
Agardamos que vos guste!
O
día das Letras Galegas
homenaxeamos a aquelas persoas que destacaron polas súas creación literarias e
defenderon a nosa lingua. Este ano a Real Academia Galega dedica o día a Florencio
Delgado Gurriarán.
No noso centro, o celebramos elaborando
un mural e averiguando datos da súa vida para superar o escape room
No
seguinte enlace poderedes realizar actividades e así coñecer un pouco máis ao homenaxeado.
O 23 de Abril, celebrase O DIA DO LIBRO, e no noso centro o festexamos inventando un conto, que se titula "O gran descubrimento científico"
Agardo que vos guste o resultado final.
Durante estas semanas celebramos o Día da Muller. Este ano centrámonos nas mulleres científicas xa que aínda hoxe, en todo o mundo seguen a existir diferenzas de xénero nos sectores da ciencia, a tecnoloxía, as enxeñerías ou as matemáticas.
Os máis
cativos do centro fixeron uns experimentos:
- “O ovo saltarín” no que puideron observar como o vinagre desfai o calcio da cáscara do ovo poidendo rebotar.
Non é maxia, é ciencia!
O alumnado
de primaria investigou sobre algunhas científicas para crear unha exposición e agora poderán demostrar todo
o aprendido no Kahoot.
Recordade
tanto a ciencia como a igualdade de xénero son vitais para o noso futuro.
Como tódolos anos celebramos o Día de Rosalía de Castro no noso cento e ademais do homenaxe que realizamos nas nosas aulas, convídovos a participar na seguinte recompilación de actividades.
Para saber un pouco mais da nosa poetisa, dicir que a
investigadora Sagrario Abelleira xunto con institucións vinculadas á autora
deciden cambiar a data do seu nacemento para o 23 de Febreiro.
ACTIVIDADES ROSALÍA
Como tódolos 25 de
Novembro celebramos o Día Internacional contra a violencia de xénero. Dende o
noso centro rexeitamos calquera tipo de violencia e soñamos cun mundo no que a sociedade
sexa igualitaria.
No conto “Pepuka e o mostro que lle roubou o sorriso” coñeceremos a unha nena que recupera a súa felicidade.
Como tódolos anos decoramos o colexio para celebrar
o Samaín e escoitamos un conto. Este ano “Como mola a túa vasoira” da
autora Julia Donaldson. Trátase dunha bruxa que vai perdendo as súas cousas e
vanas atopando animais que se fará compañeiros de viaxe, a xenerosidade da
bruxa finalmente verase recompensada.
A continuación tedes un enlace con actividades
relacionadas co conto dirixidas a Educación Infantil.