venres, 31 de maio de 2019

OBRADOIRO DE VOZ NATURA: XORNADA DE PLANTACIÓN NOS HORTOS ESCOLARES


Unha vivencia que cada día engaiola máis aos alumnos, a través da plantación dos nosos produtos da horta e mantemento do horto de plantas aromáticas.






martes, 21 de maio de 2019

SEMANA DAS LETRAS GALEGAS

Este ano estivo dedicado a ANTÓN FRAGUAS, un estudoso da nosa etnografía e das nosas tradicións que tentamos achegar aos nenos coa exposición dos carteis ilustrativos da súa vida e da súa obra. Realizamos tamén un gran mural alusivo a este fermoso día!


martes, 30 de abril de 2019

CELEBRACIÓN DO DÍA DO LIBRO


Este ano conmemoramos este día realizando nas aulas fermosos traballos que amosamos nun supermural de Mafalda na entrada do cole, onde atoparedes os lemas e bos consellos para ler durante todo o ano.




mércores, 24 de abril de 2019

SEMANA DA PRENSA ESCOLAR


Consideramos de gran importancia ensinar a función dos distintos medios de comunicación na nosa sociedade. Este ano programamos unha visita escolar ao PROGRESO DE LUGO para comprobar in situ como se elabora un xornal, paso a paso, vendo as instalacións. Unha xornada leda e apaixonante para coñecer o xornal da nosa provincia, e a súa historia.






venres, 22 de marzo de 2019

DÍA DA ÁRBORE E DE REFORESTACIÓN NA ESCOLA


Coa axuda e colaboración da Deputación de Lugo, que nos achegou distintos exemplares sobre a importancia das árbores autóctonas, traballamos a reforestación do noso patio para seguir sementando fábricas de osíxeno, sombra e vida no noso espazo de recreo.



mércores, 13 de marzo de 2019

XA CHEGOU O ENTROIDO! IMOLO CELEBRAR TODO O COLE!


Unha data que agardamos todo o ano para desfrutar dos disfraces e da gastronomía típica cunha gran chocolatada. Este ano da man dun orixinal peliqueiro, que fixo de meco. Aceptamos a súas ordes e pasámolo moi ben!









martes, 12 de febreiro de 2019

DÍA DA PAZ NA ESCOLA


Tentando inculcar valores de paz e boa convivencia durante todo o ano, tomamos como referente este día para lembrar a través dunha canción colectiva valores de tolerancia e paz.



martes, 5 de febreiro de 2019

OBRADOIRO DE EDUCACIÓN MEDIOAMBIENTAL: “CHARLA COS ELECTROCOS”


Neste obradoiro os alumnos aprenderon a reutilizar e reciclar, así como onde depositar os aparellos electrónicos e a función do Punto Limpo dun xeito lúdico e moi didáctico.