martes, 20 de novembro de 2018

GRABACIÓN DO PROGRAMA DE BRAULIO TUBER

Tivemos a sorte de ser seleccionados, os alumnos de 3º de Educación Primaria, para poder participar nun programa moi divertido e unha experiencia apaixonante da man de Braulio, onde manifestamos as nosas inquietudes polos mares e os océanos e a importancia de coidalos para as nosas vidas.  


luns, 12 de novembro de 2018

CELEBRACIÓN DO SAMAÍN E MAGOSTO NA ESCOLA

O outono xa chegou enchendo de ledicia e entusiasmo a nosa escola. Non nos esquecemos destas celebracións e agradecemos a colaboración das familias na aportación de orixinais cabazas. 




mércores, 12 de setembro de 2018

BENVIDOS A UN NOVO CURSO ACADÉMICO 2018-2019

Un ano máis encheremos de ilusión as nosas mochilas para seguir fomentando hábitos saudables de coidado dos nosos espazos naturais.
Estamos de noraboa porque seguiremos co proxecto VOZ NATURA: “O trasno da Peneda coida o noso bosque”.

A través de distintos obradoiros achegaremos a botánica aos nosos alumnos, seguindo co coidado dos nosos hortos escolares.



venres, 18 de maio de 2018

Letras Galegas

Onte celebrouse o Día das Letras Galegas, a homenaxeada deste ano 2018 é unha galega de adopción: María Victoria Moreno, que se namorou da nosa lingua e a defendeu nunha época na que non estaba permitido.


O alumnado do CEIP Plurilingüe de Monterroso quiso facer a súa homenaxe persoal:

  • Os alumnos e alumnas de 3º e 4º realizaron  unha biografía ilustrada.




  •  Os alumnos e alumnas de 5º e 6º de Educación Primaria resumiron e ilustraron as obras de María Victoria Moreno.

  • Os alumnos e alumnas de Educación Infantil representaron nuns fermosos debuxos a obra "Eu conto, ti cantas"
  • Os alumnos e alumnas de 1º e 2º representaron as tres partes da obra "E haberá tirón de orellas?": O Solpor, A noite e O mencer.


Espero que pasarades un bo día!!


mércores, 17 de xaneiro de 2018

CARTAS DE MONTERROSO A PORTOMARÍN E ANTAS DE ULLA

Que mellor forma para coñecer  amigos/as novos/as e practicar a escrita que a través de cartas!
Os nenos e nenas de Monterroso ímonos cartear con nenos e nenas de Portomarín e Antas de Ulla.
Que ilusión cando recibamos a contestación!!

martes, 2 de xaneiro de 2018

Feliz ANinovo


sábado, 23 de decembro de 2017

Xincana de Nadal

O xoves realizamos no cole unha actividade moi divertida con códigos QR.
Un código QR é un sistema para almacenar información nunha matriz de puntos, caracterízase polos tres cadrados que se atopan nas esquinas e que permiten detectar a posición do código ao lector (móbil ou tableta)
Neste caso utilizamos os códigos QR para facer unha xincana de Nadal, a través de pistas para chegar ao lugar onde se atopaba o tesouro!
Lemos a primeira pista:
"Se os agasallos do Apalpador e Papá Noel queres atopar a xunto de Roelibros terás que marchar"


Roelibros é a mascota da biblioteca, así que para alí fomos.
Atopamos unha nova pista: " Que estades a buscar? Mirade na clase que rima con cesto"
Así que marchamos para a clase de sexto.

Outra pista estábanos a esperar "Unha señorita moi señoreada, que sempre vai en coche e sempre está mollada" Tiñamos que buscar un lugar onde houbera unha lingua.


Así que fomos á clase de Audición e Linguaxe, xa que ten unha lingua na porta.
Dentro atopamos outra pista: " Nesta clase hai que falar moito, ide a clase de 9 menos 8"
Marchamos para a clase de 1º, e alí estaba a última pista "Nunca quito a roupa, pero poño un disfraz, enriba do meu vestido verde ao chegar o Nadal"

A pista guiábanos a árbore de Nadal.
E alí atopamos a recompensa ao noso esforzo: o diploma dos mellores detectives da 1º edición de xincana de Nadal do CEIP de Monterroso. Ímolo colgar na clase para recordar o ben que o fixemos!
Felices festas!! 🎅🎄⛄