venres, 9 de febreiro de 2024
DÍA DA NON VIOLENCIA E A PAZ
luns, 6 de novembro de 2023
SAMAÍN!!!
A semana pasada estivemos de celebración!!. O samaín é unha festa de orixe celta onde a barreira entre o mundo humano e sobrenatural desaparece.
O noso cole colleu este aspecto.
Os nenos e nenas decoraron cabazas que acabaron nos establecementos do pobo!!
Que fermosas!!
Contamos un conto en galego-inglés para tódolos nenos e nenas de infantil e primaria: " A velliña que non lle tiña medo a nada".
E os nenos de primaria deixaron voar a imaxinación e inventaron historias de medo que leron aos seus compañeiros. Moi ben rapaces!!
venres, 15 de setembro de 2023
BENVIDOS AO CURSO 2023-2024
Queridos nenos e nenas: aquí estamos un curso máis agardándovos con moito agarimo e con moita ilusión.
Esperemos que este curso veña cargado de novos aprendizaxes e novas experiencias!! Moita sorte a todos e a todas!!
venres, 23 de xuño de 2023
XORNAL ESCOLAR
Aquí podedes ver un ano máis o noso Xornal Escolar. Grazas a todos polas vosas aportacións!!
En especial á profe María e Ana por darlle vida!!
Disfrutádeo moito! E feliz verán a todos!!
mércores, 31 de maio de 2023
SOMOS ESCRITORES
Co motivo do día do libro o alumnado de primaria inventou un conto:
"O galiñeiro do cole".
Os pequechos de infantil colaboraron coas ilustracións.
Canta imaxinación teñen!!
venres, 26 de maio de 2023
LETRAS GALEGAS
Este ano o autor homenaxeado polo día das letras galegas foi FRANCISCO FERNÁNDEZ DEL RIEGO.
Entre as moitas actividades que se fixeron no noso centro destacamos este mural da vida e obra do autor.
Todos xuntos cantamos e interpretamos a canción : "Meu o mundo é":
Tamén espallamos o galego polo noso cole. Cada neno elexiu unha palabra no noso idioma que colocamos polos corredores do colexio. Este foi o resultado..
martes, 25 de abril de 2023
DÍA DO LIBRO
Igual que todos os anos o 23 de abril festexamos o día do libro.