Este ano a celebración da paz celebrouse en colaboración co concello de Monterroso e as familias.
Grazas ás diferentes realidades multiculturais as familias participaron traendo unha sobremesa típica do seu país de orixe. ( Cuba, Colombia, China, Palestina...). Ademais as familias de infantil e 1º ciclo de primaria colaboraron traendo sobremesas típicas de Galiza.
Ese día merendamos todos xuntos, que boas estaban!! Grazas por colaborar!!
Por outra parte fixemos un mural no que demos visibilidade aos diferentes conflictos que acontecen na actualidade no noso mundo. Cada grupo de infantil e primaria traballou un país e a súa bandeira.
Un mundo en conflicto
Tamén se fixo un libro por clase que levou por título " A que sabe a paz?". Cada neno e nena relataba e ilustraba unha boa acción e chamaba polo compañeiro, facendo así un traballo en cadea.
O día 30 de xaneiro saímos todos ao patio a formar a palabra "PAZ" utilizando pelotas de tenis , cada neno e nena colocou unha pelota e quedou moi bonito!!
Rematamos o día bailando e cantando todos xuntos a canción "Mensajes del agua" de Macaco.
Ningún comentario:
Publicar un comentario