sábado, 11 de marzo de 2023

DÍA INTERNACIONAL DA MULLER ( 8 M )

 

O pasado 8 de marzo conmemoramos no noso centro o Día Internacional da Muller.

Realizamos diferentes actividades para sensibilizar aos nenos na igualdade, respecto e tolerancia entre as persoas.

Na entrada tivemos expostos diferentes libros sobre esta temática.



O alumnado de primaria escribiu un montón de adxectivos positivos da MULLER. Con eles formaron este precioso mural!!


Os nenos de infantil e do 1º ciclo de primaria disfrutaron co contacontos 

" Lúa non quere ser princesa".


E por último, dar as grazas a todas as familias que colaboraron enviando as fotos das mulleres, coas que se fixo unha preciosa exposición!!
Grazas e máis grazas!!!


mércores, 1 de marzo de 2023

ROSALÍA DE CASTRO


 Un ano máis celebramos  no noso centro o Día de Rosalía de Castro e despois de traballar algúns dos seus poemas así nos quedou o noso mural!





venres, 17 de febreiro de 2023

O ENTROIDO!! UN MUNDO DE CONTOS...

 Estas semanas estivemos moi ocupados preparando a festa do Entroido!! 

Ademais de preparar os disfraces que cada ciclo elexiu coa temática dun conto, cada día o MECO  dábanos unha orde que todos debiamos de cumprir e moi graciosos ao colexio vir...


As nosas aulas e os corredores estaban moi ambientados...



O alumnado de INFANTIL  realizou un taller de cociña: as rosquillas eran o noso obxectivo.





xoves, 2 de febreiro de 2023

DÍA DA NON VIOLENCIA E A PAZ

 O alumnado do noso centro celebrou o día 30 de xaneiro esta data tan sinalada. 

Fixemos unha andaina solidaria polo pobo que finalizou cantando todos xuntos a canción "Móvete" de Paco Nogueiras.



A entrada ó noso cole figuraba con este mural. A mensaxe estaba clara!!



E nos corredores espuxemos a "Choiva dos desexos". Cada neno fixo unha gota na que escribiu unha palabra, frase ou debuxo alusivo á PAZ.







mércores, 2 de novembro de 2022

SAMAÍN!!

Esta semana celebramos o SAMAÍN!! Tradicionalmente na cultura celta celebrábase o Samaín para marcar o fin da colleita de outono e o comezo do inverno ou metade escura do ano. 

Os nenos difrazáronse, decoraron unhas cabazas terroríficas  e o cole daba moito MEDO!!!

Contamos un conto en galego e en inglés para todo o alumnado de infantil e primaria.



En INFANTIL fixemos unhas merendas terroríficas que despois degustamos entre todos. Non quedou nadiña!! Estaban boísimas!!


En PRIMARIA os nenos de 5º e 6º construiron un TÚNEL TERRORÍFICO polo que tiveron que pasar o resto do alumnado de primaria. Daba moito Medoooooo!!!!



martes, 13 de setembro de 2022

BENVIDOS A UN NOVO CURSO!!

 Así atopaban os nosos nenos e nenas o cole no primeiro día!!

Agardamos que vos gustase moito!!



martes, 21 de xuño de 2022

XORNAL ESCOLAR

 

Aquí vos deixamos o segundo volume do Xornal Escolar do centro. Grazas pola aportación de cada aula, e en especial pola axuda da mestra María quen fixo que cobrase vida.

Agardamos que vos guste!