Esta semana celebramos o SAMAÍN!! Tradicionalmente na cultura celta celebrábase o Samaín para marcar o fin da colleita de outono e o comezo do inverno ou metade escura do ano.
Os nenos difrazáronse, decoraron unhas cabazas terroríficas e o cole daba moito MEDO!!!
Contamos un conto en galego e en inglés para todo o alumnado de infantil e primaria.
En INFANTIL fixemos unhas merendas terroríficas que despois degustamos entre todos. Non quedou nadiña!! Estaban boísimas!!
En PRIMARIA os nenos de 5º e 6º construiron un TÚNEL TERRORÍFICO polo que tiveron que pasar o resto do alumnado de primaria. Daba moito Medoooooo!!!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario