mércores, 4 de xuño de 2014

OBRADOIRO DE ALIMENTACIÓN E CONSUMO: FACEMOS O QUEIXO E COÑECEMOS O SON DA ALDEA

Unha saída dos alumnos de Educación Infantil que resultou atractiva e cansina, na que puidemos disfrutar do sabor da aldea, da súa contorna, das labouras doutrora e coñecer de preto a elaboración do queixo. Cada neno levou para a súa casa o queixiño realizado por el.



Esta é a aldea de Alba, en Palas de Rei. Qué chula!



O primeiro que fixemos foi visitar a granxa.


Despois Xosé Luis explicounos o proceso de elaboración do queixo.



Qué gustiño! Laura xa sabía facer o queixo.



Canta paciencia fai falta para facer un queixo!




Puidemos contemplar desde o cruceiro como saían as vacas para fóra.



Tamén probamos o iogur ecolóxico feito en Arqueixal.




Na eira fixemos un concurso para ver quen debullaba primeiro o millo.


A monitora ensinounos como era o traballo do liño.


En pleno siglo XXI tamén puidemos contemplar de lonxe a casa ecolóxica construida nesta aldea para un fin de semana de descanso.


luns, 26 de maio de 2014

OBRADOIRO DE ECOLOXÍA E MEDIOAMBIENTE: A BOTICA DO NOSO COLE

Unha experiencia levada a cabo coa colaboración da Fundación Barrié de la Maza na que conseguimos crear una botica de plantas aromáticas e medicinais, inculcando nos alumnos unha alternativa natural e única na que fomos sementando 23 sementes para ver medrar as plantas máis coñecidas da nosa comarca. Tiveron moita sorte nesta ocasión os alumnos de 3º curso de Educación Primaria e 5º de Educación Infantil, participando na botica do cole con moita curiosidade, participación e entusiamo.
























Resultou unha actividade lúdica e fermosa na que metemos o "formiguillo da botánica" nos nosos alumnos e nas súas familias, de xeito que na nosa sociedade se coñeza e valore os beneficios e os principios activos das plantas que serven para curar e protexer a nosa saúde. 

mércores, 21 de maio de 2014

CONTACONTOS NA ESCOLA: ACTUACIÓN DE NACHO DE LALÍN

Da man de dous inxeniosos artistas da palabra e da música e ao carón dun bandoneón, os nenos do noso centro desfrutaron dunha xornada lúdica e musical impresionante. Os alumnos puideron interactuar nas cantigas, refráns e contos de recollida tradicional da Comarca do Deza.







luns, 19 de maio de 2014

OBRADOIRO DE TRADICIÓN ORAL: O TESOURO DA NOSA LINGUA

Unha proposta que resultou moi atractiva para todos os alumnos do centro. Consistiu en elixir coa colaboración da súa familia unha palabra máxica da nosa lingua e facer con ela unha ilustración ou unha manualidade. Con todas as palabras máxicas presentadas realizamos unha magnífica exposición no corredor principal do centro.
Velaquí a mostra: