xoves, 17 de marzo de 2022

CELEBRACIÓN DO DÍA DA MULLER

 Durante estas semanas celebramos o Día da Muller. Este ano centrámonos nas mulleres científicas xa que aínda hoxe, en todo o mundo seguen a existir diferenzas de xénero nos sectores da ciencia, a tecnoloxía, as enxeñerías ou as matemáticas.

Os máis cativos do centro fixeron uns experimentos:

-   “O ovo saltarín” no que puideron observar como o vinagre desfai o calcio da cáscara do ovo poidendo rebotar.


Co outro experimento aprenderon a importancia de lavar as mans.

Non é maxia, é ciencia!

O alumnado de primaria investigou sobre algunhas científicas para crear unha exposición e agora poderán demostrar todo o aprendido no Kahoot.

KAHOOT CIENTÍFICAS


Recordade tanto a ciencia como a igualdade de xénero son vitais para o noso futuro.

Ningún comentario:

Publicar un comentario