mércores, 26 de xuño de 2024

XORNAL ESCOLAR


  Un curso máis chega ao seu fin!!

Aquí tedes o Xornal Escolar no que colaboraron todos os nenos e nenas e todos os mestres do cole.

Grazas en especial ás mestras que lle deron vida!!

Feliz verán a todos e a todas!!



luns, 27 de maio de 2024

LETRAS GALEGAS

      Este ano O Día Das Letras Galegas estivo adicado á escritora LUÍSA VILLALTA GÓMEZ.

Os nenos e nenas de Educación Infantil fixemos un mural colaborativo entre todas as aulas.


Traballamos sobre a vida e obra da escritora e sobre algúns dos símbolos da nosa terra.



Xa que a poesía foi o xénero literario que máis cultivou Luísa Villalta, fixemos entre todo o alumnado de Infantil e Primaria un libro de Poemas. Cada curso inventou un poema. Cada neno un verso, pero só podían ver o verso anterior, polo que nos quedaron uns Poemas moi tolos!!








sábado, 27 de abril de 2024

DÍA DO LIBRO

 Un ano máis celebramos o 23 de abril o día do libro.

Fixemos un apadriñamento lector dos máis grandes aos máis pequerrechos do cole. Foi todo un éxito!!



 O alumnado tamén recibiu un agasallo dos seus compañeiros, un libro, un marcapáxinas  e unha rosa.




sábado, 16 de marzo de 2024

DÍA DA MULLER

    O 8 de marzo festexamos no noso cole o día da muller. Levamos a cabo diferentes actividades para concienciar ao alumnado da igualdade de xéneros. 
Os nenos de infantil e 1º de primaria disfrutaron dun contacontos con esta temática.


O alumnado de primaria disfrutou dunha obra de teatro sobre a igualdade.




Tamén colaboramos todo o alumnado de infantil neste mural.





sábado, 2 de marzo de 2024

DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO

 Como cada ano celebramos no noso centro o Día de Rosalía de Castro. Recitamos moitos dos seus poemas entre o alumnado de infantil e primaria.

Tamén realizamos dous murais, un na planta alta e outro na planta baixa onde utilizamos a técnica plástica do "pop art", e no que participaron todo o alumnado do centro.







sábado, 24 de febreiro de 2024

O ENTROIDO

 O entroido xa chegou !!  O meco daba ordes cada día e pasámolo moi ben facéndolle caso..



Este ano celebramos o "Xoves de comadres" e o  "Xoves de compadres". Cada grupo de nenos e nenas de primaria  tiveron que elaborar os seus bonecos que despois esconderon no patio  e tiveron que buscar. 

Que ben o pasaron!!



O noso colexio estaba moi decorado, a temática dos disfraces foi os "Xogos de mesa", e todos estabamos moi ocupados confeccionándoos.



venres, 9 de febreiro de 2024

DÍA DA NON VIOLENCIA E A PAZ

Este ano a celebración da paz celebrouse en colaboración co concello de Monterroso e as familias.
Grazas ás diferentes realidades multiculturais as familias participaron traendo unha sobremesa típica do seu país de orixe. ( Cuba, Colombia, China, Palestina...). Ademais as familias de infantil e 1º ciclo de primaria colaboraron traendo sobremesas típicas de Galiza.
Ese día merendamos todos xuntos, que boas estaban!! Grazas por colaborar!!


Por outra parte fixemos un mural no que demos visibilidade aos diferentes conflictos que acontecen na actualidade no noso mundo. Cada grupo de infantil e primaria traballou un país e a súa bandeira.    
                                          
                                    Un mundo en conflicto                                                                                                        


Tamén se fixo un libro por clase que levou por título " A que sabe a paz?". Cada neno e nena relataba e ilustraba unha boa acción e chamaba polo compañeiro, facendo así un traballo en cadea.



O día 30 de xaneiro saímos todos ao patio a formar a palabra "PAZ" utilizando pelotas de tenis , cada neno e nena colocou unha pelota  e quedou moi bonito!!


Rematamos o día bailando e cantando todos xuntos a canción  "Mensajes del agua" de Macaco.