martes, 27 de decembro de 2016

NADAL NA ESCOLA


Coma sempre intentando facer algo especial co Trasno do Nadal, traballamos nas aulas esta celebración con murais, cantigas, dramatizacións... cun entusiasmo especial que quedou plasmado no festival realizado no ximnasio. 

Nas vindeiras datas engadiremos as fotos desta celebración máxica!

martes, 29 de novembro de 2016

DÍA DA VIOLENCIA DE XÉNERO


A conmemoración deste día foi simbólica e contamos nesta ocasión cunha fermosa iniciativa para reinvidicar a non violencia de xénero conxuntamente cun grupo de alumnos do IES Monterroso e os seus profesores. 





No ximnasio do CEIP realizamos unha xornada de convivencia cunha solta de globos e tamén a realización de murais por parte dos nenos. 

martes, 22 de novembro de 2016

CONTACONTOS CON SUSANA HERRERA

Unha xornada interactiva a cargo da creatividade e o bo facer de Susana Herrera que nos fixo pasar un momento inesquecible.




Participamos todos con moita alegría!


Moitas grazas Susana! Agardamos a túa volta!

martes, 15 de novembro de 2016

A FESTA DO MAGOSTO


Unha data que traballamos nas aulas con moitas actividades tentando achegar o producto típico do Outono da nosa comarca dun xeito lúdico e festeiro. 



Con moitas manualidades e preparando con envases de reciclaxe os nosos bolsos castañeiros.



Non faltaron cantigas e pandereteiras animando o Magosto!


xoves, 3 de novembro de 2016

CELEBRACIÓN DO SAMAÍN NA ESCOLA


A festa do Samaín sorprendeunos pola valiosa colaboración de todos os profes e alumnos para decorar o corredor principal do centro. Tamén agardecer a extraordinaria colaboración de todas as familias que aportaron cabazas sorprendentes cheas de orixinalidade.



Velaquí unha mostra das mellores cabazas!





xoves, 29 de setembro de 2016

BENVIDOS AO CURSO 2016-2017!

Benvidos de novo!

Comezamos un novo curso académico con novas caras e moitas ilusións. Seguiremos a fomentar e a dinamizar a nosa lingua e a nosa cultura na nosa comunidade educativa.




martes, 7 de xuño de 2016

GALARDÓN DE VOZ NATURA

Un ano máis, seguimos participando con Voz Natura e o vindeiro curso académico tentaremos ampliar o noso horto escolar, agardando sementar e recoller froitos, hábitos e ilusións!
O noso agradecemento a Fundación Santiago Rey Latorre por premiar o noso esforzo e pola súa importante aportación económica.