mércores, 16 de setembro de 2015

BENVIDOS Ó NOVO CURSO 2015/2016!

Estamos de noraboa, comeza un curso cheo de cambios e curiosidades e seguimos cun proxecto mediombiental con Voz Natura para pescudar no coidado e respecto polos nosos espazos naturais máis próximos. Seguiremos fomentando nos alumnos inquietudes medioambientais e tamén a curiosidade polo mundo da botánica. 







luns, 29 de xuño de 2015

FELIZ VERÁN E DISFRUTADE A TOPE!

O Equipo de Normalización Lingüística deséxavos un feliz verán! Agardamos seguir traballando pola nosa lingua e agarimando a toda a comunidade educativa. Grazas a todos e todas pola vosa colaboración!





mércores, 24 de xuño de 2015

ACTUACIÓN DE TÍTERES TRES GLOBOS NA ESCOLA

O noso alumnado puido disfrutar da actuación de "Pedro e o Lobo" da man de "títeres Tres Globos", que entusiasmou coa súa historia e orixinalidade ós alumnos de Infantil e primeiro e segundo de Primaria.

mércores, 3 de xuño de 2015

SEMANA DAS LETRAS GALEGAS

Adicada este ano a mestre Xosé Filgueira Valverde, realizamos distintas unidades didácticas axeitadas a cada curso para achegar a vida e obra deste autor.
Celebramos tamén o Festival das Letras Galegas con distintas actuacións, lecturas de poemas musicalizados, bailes e acrobacias.

mércores, 20 de maio de 2015

OBRADOIRO DE RECICLAXE: ELABORACIÓN DE CARTEIS COS NOMES DAS PLANTAS

Realizamos distintos carteis, un para cada planta, co nome en galego e castelán para recoñecer o arbusto, árbore ou planta. Mirade que fermosos nos quedaron!






martes, 19 de maio de 2015

OBRADOIRO DE FARMACIA NATURAL: "A BOTICA DO NOSO COLE"

Realizada polos alumnos de 3º de Educación Primaria e 6º de Educación Infantil da man da Fundación Barrié de la Maza, que nos agasallou cun baúl de sementes de 23 especies diferentes para ver o proceso de crecemento das plantas, propiedades e beneficios para o noso benestar. Unha lección de botánica orientada desde Farmacia Natural.




mércores, 29 de abril de 2015

CREACIÓN DO HORTO ESCOLAR: UNHA XORNADA LÚDICA E IRREPETIBLE

No patio escolar atopamos un lugar axeitado para ubicar o noso horto escolar de plantas aromáticas, despois dun minucioso estudo das máis coñecidas da nosa comarca. Unha actividade principal do Proxecto Voz Natura.