luns, 12 de xaneiro de 2015

OBRADOIRO MEDIOAMBIENTAL: "COÑECEMOS AS PLANTAS AROMÁTICAS DA ULLOA"

Unha iniciativa lúdico-didáctica recollida no proxecto Voz Natura para coñecer a fondo a botánica da Comarca da Ulloa coa participación de todas as familias.






A actividade consistiu na elección dunha planta, árbore ou arbusto da Ulloa e elaborar unha ficha didáctica adiviñando propiedades, usos e beneficios da mesma.

mércores, 24 de decembro de 2014

FESTIVAL DE NADAL 2014

Un ano máis, o trasno de Nadal engaiola a nosa comunidade educativa. Celebrámolo cun fermoso festival no que participaron os alumnos interpretando panxoliñas, dramatizacións, bailes e mimos, lembrando esta data feiticeira. Velaquí a mostra!





 Os principiantes de tres anos cantaron unha panxoliña.




Os alumnos de 5º de Primaria deleitáronnos cunha fermosa mostra mímica!

luns, 17 de novembro de 2014

O MAGOSTO NA ESCOLA: XORNADA LÚDICA E DEPORTIVA

O noso cole celebrou un ano máis o día 13 de novembro a tradición dos Magostos ó carón de xogos populares e tendo como protagonista a castaña. Ademais, coñecemos e traballamos nas aulas a importancia deste froito do outono para a economía monterrosina.


Velaquí unha mostra dos castañeiros feitos con material de refugallo para gardar as castañas quentiñas do Magosto.

luns, 10 de novembro de 2014

DESEMBARCO NO CEIP DE MONTERROSO

O pasado 30 de outubro recibimos a visita por terra dun enorme barco cargado de aventuras da Ribeira Sacra da man da Diputación Provincial de Lugo. Unha experiencia especial para os nosos escolares que puideron palpar de cheo as fabulosas paisaxes que nos ofrece a Ribeira Sacra, así como as embarcacións que se utilizaban noutrora, E todo, da man dun fermoso vídeo de Anxo Moure para apoiar a iniciativa de Patrimonio da Humanidade dunha paisaxe impresionante.



Tamén coñeceron a diferente biodiversidade dos nosos ríos, costas e mares.

xoves, 30 de outubro de 2014

TEMPO DE OUTONO: A FESTA DO SAMAIN

Comeza o novo curso e con el unha nova estación fermosa e diferente, na que realizamos distintos obradoiros para coñecer as festas e os froitos típicos da mesma. Celebramos a festa do Samaín cos máis cativos, realizando entre todos un fermoso mural cheo de bruxas e cabazas máxicas. 




luns, 22 de setembro de 2014

OBRADOIRO MEDIOAMBIENTAL: PROXECTO VOZ NATURA

Este ano seguiremos traballando para manter limpo e coidado os nosos espazos culturais e de ocio. Estamos de noraboa porque participamos con noso proxecto "Coñecemos as plantas aromáticas da Ulloa" en VOZ NATURA, cunha dotación económica importante para iniciar o noso mini horto de plantas medicinais. Tentaremos achegar o mundo da botánica, así como as propiedades curativas das plantas que utilizaban as nosas avoas para mellorar a saúde, para condimentar ou para aromatizar.


luns, 15 de setembro de 2014

BENVIDOS AO NOVO CURSO 2014-2015

Un novo curso comeza, vimos cheos de ilusións e ganas de compartir obradoiros e actividades lúdicas. Seguiremos traballando os valores de respeto, tolerancia e reciclaxe cara a conquerir un planeta mellor.