Os máis cativos tamén nos agasallaron cunha dramatización moi simpática e varias panxoliñas de Nadal.
martes, 22 de xaneiro de 2013
NADAL NA ESCOLA
Como ven sendo tradicional, non podíamos deixar de preparar unha morea de actividades lúdicas e máxicas para aloumiñar as vindeiras datas de Nadal. Velaquí as fotos do festival onde tivemos interpretacións instrumentais a cargo de Aldara e Samuel, e o seu grupo de 6º de Primaria.
mércores, 16 de xaneiro de 2013
OBRADOIRO MEDIOAMBIENTAL: APRENDEMOS A RECICLAR
Coas seguintes ilustracións, lembramos como se debe facer una boa recollida do lixo nos distintos colectores.
Tentando achegar a recollida selectiva dos materiais de refugallo ós alumnos, iniciamos entre toda a comunidade educativa unha campaña de concienciación para depositar o lixo no colector correspondente.
luns, 26 de novembro de 2012
CELEBRACIÓN DO MAGOSTO NA ESCOLA
Con materiais de refugallo fixemos uns bolsos moi xeitosos para gardar as castañas quentiñas!
Mirade que ben nos quedaron!
Que boas están as castañas!
Realizamos moitos xogos no patio, tendo como protagonista a castaña.
Todos os alumnos do cole participaron activamente nesta xornada lúdica.
Volve o Magosto a nosa escola co intenso arrecendo a castañas asadas e una morea de actividades lúdicas. Unha xornada estupenda para lembrar á protagonista do outono na Comarca da Ulloa.
martes, 13 de novembro de 2012
CAMPAÑA SOLIDARIA DO CEIP: TODOS CON UXÍA!
Dentro do obradoiro de reciclaxe que comezamos no presente curso académico, decidimos fomentar a recollida selectiva de tapóns (plástico) ó tempo que nos sumamos á campaña solidaria "Todos con Uxía".
luns, 5 de novembro de 2012
OBRADOIRO DE ALIMENTACIÓN E CONSUMO: EXPOSICIÓN DOS FROITOS DO OUTONO
Os alumnos de Educación Infantil atoparon un tesouro do outono para coñecer, probar e disfrutar dos froitos típicos do outono, nunha caixa na que descubriron o trasniño que ía amosando aos nenos os produtos propios desta zona.
Que haberá nesta caixiña?
Canta emoción e curiosidade por saber que tería a caixa do outono!
Cada neno atopou unha tarxeta co nome dunha froita máxica.
Canto agarimo recibiu o trasno que se agochaba na caixa!
Mirade, atopei unha noz!
Pois eu atopei unha fermosa carocha de millo!
Mirade que marmelo máis xeitoso!
Eu atopei unha froita con moita vitamina: o kiwi.
Encontrei a froita protagonista do outono na nosa vila: a castaña!
EXPOSICIÓN DOS FROITOS DO OUTONO
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)

