Realizaremos unha xeitosa plantación de árbores no patio da nosa escola. Tentaremos reforestar o noso contorno máis próximo, tratando de inculcar ós nosos alumnos e alumnas hábitos medioambientais e fomento do aforrro enerxético para acadar unha vida sá e sostible.
luns, 10 de setembro de 2012
BENVIDOS AO CURSO 2012-2013!
Seguimos animados para informarvos de todas as actividades e obradoiros que vaiamos realizando neste novo curso que comeza. De entrada estamos de noraboa porque fomos seleccionados co noso proxecto, "As árbores, fábricas de osíxeno", para participar no Programa Medioambiental de VOZ NATURA e galardonados cunha dotación económica importante.
Realizaremos unha xeitosa plantación de árbores no patio da nosa escola. Tentaremos reforestar o noso contorno máis próximo, tratando de inculcar ós nosos alumnos e alumnas hábitos medioambientais e fomento do aforrro enerxético para acadar unha vida sá e sostible.
Realizaremos unha xeitosa plantación de árbores no patio da nosa escola. Tentaremos reforestar o noso contorno máis próximo, tratando de inculcar ós nosos alumnos e alumnas hábitos medioambientais e fomento do aforrro enerxético para acadar unha vida sá e sostible.
luns, 25 de xuño de 2012
FESTIVAL DE FIN DE CURSO
Como broche final a un curso intenso e cheo de numerosas actividades e interesantes obradoiros, por fin chega o festival de fin de curso para o que traballamos moito as dramatizacións e as coreografías.
Lembrar o esforzo realizado por todos os alumnos e as profesoras que colaboraron no festival, facéndonos disfrutar dunha xornada única e inesquecible.
Como todo traballo ten a súa recompensa, desexamos desde o Equipo de Dinamización Lingüística a toda a comunidade educativa un...
FELIZ VERÁN!
mércores, 30 de maio de 2012
OBRADOIRO DE EDUCACIÓN VIAL: COÑECEMOS OS MEDIOS E A FUNCIÓN DA GARDA CIVIL
Agradecemos a valiosa e desinteresada colaboración de todos os compoñentes da Garda Civil que participaron nesta interesante experiencia. Despois das charlas impartidas por D. Ramón Peña sobre o acoso escolar, a drogodependencia e o uso da Internet nos adolescentes destinada ós alumnos de 3º ciclo de primaria, tivemos a sorte de celebrar unha xornada de educación vial exhibindo e dando a coñecer a todos os escolares os medios dispoñibles da Garda Civil.
luns, 21 de maio de 2012
CELEBRACIÓN DAS LETRAS GALEGAS ADICADO A VALENTÍN PAZ ANDRADE
ACTUACIÓN DO ESPECTÁCULO DE TÍTERES " O SAPO ENCANTADO"
En colaboración co equipo da biblioteca, este ano quixemos acercar os contos e a tradición abrindo unha xanela á lectura evocada e tamén para fomentar hábitos de curiosidade pola literatura e os escritores da nosa lingua. Así houbo propostas adaptadas ó nivel e destrezas do alumnado. En Educación Infantil tiveron a sorte de disfrutar do espectáculo de títeres Tres Globos ca obra: "O sapo encantado". Para os alumnos de Primaria contamos coa colaboración de Xosé Miranda, que acudiu o centro o día 29 de maio para ter unha charla coloquio cos alumnos de 3º, 4º, 5º e 6º, despois de realizar a lectura nas aulas de varios do seus libros.
mércores, 11 de abril de 2012
OBRADOIRO DE ALIMENTACIÓN E CONSUMO: FACEMOS TRUFAS NO COLE
Coa intención de realizar unha experiencia orixinal e atractiva, decidimos facer este obradoiro de elaboración de trufas no que puideron participar todos os nenos de Educación Infantil, amosando o s ingredientes deste doce, así como a súa elaboración e degustación na que disfrutaron a tope.
Unha xornada lúdica e gastronómica na que seguimos a fomentar hábitos saudables.
mércores, 28 de marzo de 2012
OBRADOIRO MEDIAMBIENTAL: DÍA DA ÁRBORE
Dentro dunha xeitosa iniciativa e fomentando o gusto polo coidado da natureza, despois de traballar unha unidade didáctica sobre o carballo en toda Primaria. Procedemos moi ilusionados a realizar a plantación da primeira árbore coa que conta o noso patio, coa finalidade de reforestar o noso patio de recreo e enchelo de vida, osíxeno, sombra e facéndoo acolledor.
Ogallá esta iniciativa se vexa agasallada ca participación no proxecto do vindeiro curso en Voz Natura!
luns, 5 de marzo de 2012
ELABORACIÓN DO REFRANEIRO DA ULLOA
Seguindo co lema "Agasalla o teu refraneiro" e contando coa colaboración das familias, seguimos a traballar un ano máis na recompilación de refráns relacionados coas estacións do ano, as tarefas agrícolas, a vendima, a matanza do porco, o magosto, os meses do ano, o Nadal, o Entroido... achegando as nosas tradicións ó carón dos refráns aportados polas familias e ilustrados polos nenos.
Velaí tedes a mostra desta obra de arte!
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)
