Agradecemos a valiosa e desinteresada colaboración de todos os compoñentes da Garda Civil que participaron nesta interesante experiencia. Despois das charlas impartidas por D. Ramón Peña sobre o acoso escolar, a drogodependencia e o uso da Internet nos adolescentes destinada ós alumnos de 3º ciclo de primaria, tivemos a sorte de celebrar unha xornada de educación vial exhibindo e dando a coñecer a todos os escolares os medios dispoñibles da Garda Civil.
mércores, 30 de maio de 2012
luns, 21 de maio de 2012
CELEBRACIÓN DAS LETRAS GALEGAS ADICADO A VALENTÍN PAZ ANDRADE
ACTUACIÓN DO ESPECTÁCULO DE TÍTERES " O SAPO ENCANTADO"
En colaboración co equipo da biblioteca, este ano quixemos acercar os contos e a tradición abrindo unha xanela á lectura evocada e tamén para fomentar hábitos de curiosidade pola literatura e os escritores da nosa lingua. Así houbo propostas adaptadas ó nivel e destrezas do alumnado. En Educación Infantil tiveron a sorte de disfrutar do espectáculo de títeres Tres Globos ca obra: "O sapo encantado". Para os alumnos de Primaria contamos coa colaboración de Xosé Miranda, que acudiu o centro o día 29 de maio para ter unha charla coloquio cos alumnos de 3º, 4º, 5º e 6º, despois de realizar a lectura nas aulas de varios do seus libros.
mércores, 11 de abril de 2012
OBRADOIRO DE ALIMENTACIÓN E CONSUMO: FACEMOS TRUFAS NO COLE
Coa intención de realizar unha experiencia orixinal e atractiva, decidimos facer este obradoiro de elaboración de trufas no que puideron participar todos os nenos de Educación Infantil, amosando o s ingredientes deste doce, así como a súa elaboración e degustación na que disfrutaron a tope.
Unha xornada lúdica e gastronómica na que seguimos a fomentar hábitos saudables.
mércores, 28 de marzo de 2012
OBRADOIRO MEDIAMBIENTAL: DÍA DA ÁRBORE
Dentro dunha xeitosa iniciativa e fomentando o gusto polo coidado da natureza, despois de traballar unha unidade didáctica sobre o carballo en toda Primaria. Procedemos moi ilusionados a realizar a plantación da primeira árbore coa que conta o noso patio, coa finalidade de reforestar o noso patio de recreo e enchelo de vida, osíxeno, sombra e facéndoo acolledor.
Ogallá esta iniciativa se vexa agasallada ca participación no proxecto do vindeiro curso en Voz Natura!
luns, 5 de marzo de 2012
ELABORACIÓN DO REFRANEIRO DA ULLOA
Seguindo co lema "Agasalla o teu refraneiro" e contando coa colaboración das familias, seguimos a traballar un ano máis na recompilación de refráns relacionados coas estacións do ano, as tarefas agrícolas, a vendima, a matanza do porco, o magosto, os meses do ano, o Nadal, o Entroido... achegando as nosas tradicións ó carón dos refráns aportados polas familias e ilustrados polos nenos.
Velaí tedes a mostra desta obra de arte!
mércores, 29 de febreiro de 2012
UNHA DATA CHEA DE DIVERSIÓN: O ENTROIDO
O venres día 17 preparamos unha gran festa para recibir o Entroido. Toda a comunidade educativa amosou os seus disfraces desde Educación Infantil lembrando a Mickey e Minnie, personaxes moi queridos polos nenos, pasando pola mascota Pupi, nos primeiros ciclos de primaria, os Piratas do Caribe no 2º ciclo, a Romaría do Rocío e o Rally da Ulloa no 3º ciclo.
Achegando a tradición gastronómica destas datas, tamén celebramos a típica chocolatada do Entroido.
luns, 6 de febreiro de 2012
DÍA DA PAZ E NON VIOLENCIA
Este día tan sinalado para todos tentamos facer un supermural alusivo ó Día da Paz e Non Violencia fomentando durante todo o ano hábitos de convivvencia e tolerancia. Amosamos os traballos de todos os cursos neste especial e entrañable Arco da Vella.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)