mércores, 27 de abril de 2011

23 DE ABRIL: DÍA DO LIBRO


Abril é a festa do libro. Por iso, para fomentar a lectura e a curiosidade polo que hai dentro dun libro, achegamos a todos os nenos e nenas do cole unha pequena exposición de libros, curiosidades, contos e aventuras para todas as idades, acompañada da man dun gran mural alusivo o Día do Libro.

xoves, 10 de marzo de 2011

ENTROIDO 2011














Con moita ledicia, ilusión e diversión celebramos o Entroido na escola. Velaí unha mostra do noso bó facer, agradecendo a colaboración de todas as familias na confección dos disfraces. Desde Bob Esponja, espantallos, animadoras, peregrinos e tamén lúas e soles invadiron o C.E.I.P. Monterroso agasallándonos un día de troula inolvidable.
Seguimos a tradición probando os deliciosos doces e postres desta época no comedor acompañados dunha boa chocolatada.

xoves, 3 de febreiro de 2011

DÍA DA PAZ E NON VIOLENCIA









No noso cole celebramos o Día da Paz en todos os cursos co obxectivo de fomentar valores de solidariedade de xustiza e de paz. Fixemos un supermural deste día con pombas e traballos elaborados entre todos. Nos cursos de primaria elaboraron distintos murais a carón de textos pola paz, e tamén reflexionaron sobre como mellorar a convivencia escolar, elaborando un decálogo consistente en dez frases relacionadas coa paz e hábitos sociais.

mércores, 12 de xaneiro de 2011

FESTIVAL NADAL 2010








Celebrámolo Nadal cun gran festival no que os alumnos realizaron unha obra de teatro e cantaron panxoliñas e bailes típicos desta data.

Moi ledos, os máis cativos tamén votaron a carta no buzón dos Reis Magos.

venres, 3 de decembro de 2010

VISITA A FÁBRICA DE DIQUEIXA










Dentro do obradoiro de alimentación e consumo, neste primeiro trimestre, organizamos unha saída escolar cos alumnos de Educación Infantil para visitar a fábrica de queixos denominación Arzúa-Ulloa Diqueixa, onde puidemos participar na elaboración industrial, o etiquetado e todo o proceso do queixo desde o alimento básico, o leite, ata o seu envasado, e por suposto a degustación do mesmo. Unha experiencia moi gratificante e divertida que tivo lugar en Olveda (Antas de Ulla)

mércores, 1 de decembro de 2010

OBRADOIRO DE TRADICIÓN ORAL COÑECEMOS OS HÓRREOS





Da man dun experto na recollida de tradición oral e elaboración dos hórreos, tentamos achegar aos máis novos o gusto por estas construccións tan importantes en Galicia, así como coñecer a súa utilidade e a importancia no noso entorno.

mércores, 24 de novembro de 2010

O MAGOSTO NO NOSO CENTRO


Como todos os anos festexamos o Magosto na escola, achegando esta tradición de outono a todos os escolares. Confeccionamos conos e bolsos ca Castaña Dorinda como podedes ver neste imaxe para depositar as castañas asadas.