luns, 21 de xuño de 2010

Camiño de Santiago




Como estamos en ano Xacobeo pensamos que unha boa idea para pechar este curso era percorrer un tramo do camiño francés, que pasa bastante preto do noso colexio. Os "peques" non fixemos moitos quilómetros, pero pasámolo ben. Os maiores xa andaron máis, que para iso teñen as pernas máis longas.

xoves, 17 de xuño de 2010

Granxa Barreiros

















A primavera é un bo momento para ir ó campo e nós visitamos unha granxa. Alí coñecemos algunhas plantas aromáticas, demos de comer ás galiñas, vimos as ovellas... Tratáronnos moi ben alí e fixemos un montón de cousas. O paseo no carro de Roque foi das cousas que máis nos gustaron...

martes, 8 de xuño de 2010

Visitamos Lugo


Lugo non está lonxe de Monterroso, pero para os nenos e nenas do cole é unha aventura. Fomos ver unha obra de teatro ó auditorio Gustavo Freire e, aproveitando que facía bo tempo, visitamos os parrulos do parque Rosalía de Castro. Pasámolo moi ben!

venres, 28 de maio de 2010

Día das Letras Galegas


Este ano tivemos a sorte de contar cun contacontos o día das Letras. Celso contounos varios contos que nos resultaron moi divertidos, pasamos un anaco fantástico coas súas historias.

Dende aquí queremos darlle as grazas pola súa visita.

venres, 23 de abril de 2010

Día do libro










Polo 23 de abril adoitan chegar ó noso colexio algúns libros novos. Aquí temos algúns dos nenos e nenas de infantil pasándolles revista, a ver que tal son este ano.

luns, 22 de febreiro de 2010

Día da Paz


Este ano escollemos unha maneira diferente de celebra-lo día da Paz. Fixemos unha carreira solidaria coa que recadamos cartos para a ONG Save the Children. Colaboraremos con esta ONG nos seus proxectos en Costa de Marfil.

O Nadal


Nadal non só é tempo de paz, senón que tamén é tempo de creatividade. Este ano organizamos un concurso de postais, e os resultados foron espectaculares. Tivemos cinco premiadas, pero había moitas máis que merecían un premio...