luns, 22 de febreiro de 2010

Día da Paz


Este ano escollemos unha maneira diferente de celebra-lo día da Paz. Fixemos unha carreira solidaria coa que recadamos cartos para a ONG Save the Children. Colaboraremos con esta ONG nos seus proxectos en Costa de Marfil.

O Nadal


Nadal non só é tempo de paz, senón que tamén é tempo de creatividade. Este ano organizamos un concurso de postais, e os resultados foron espectaculares. Tivemos cinco premiadas, pero había moitas máis que merecían un premio...

xoves, 10 de decembro de 2009

Curso novo, vida nova.


Comezamos un novo curso, con moitas caras novas, moi noviñas, e iniciamos o segundo ano de vida deste blog, unha xanela pola que queremos saír un pouquiño ó exterior.

xoves, 21 de maio de 2009

O castro de Viladonga


Os nenos e nenas de infantil visitamos o castro de Viladonga no mes de maio. A todos nos pareceron unhas casiñas moi interesantes. Tamén vimos unha representación con títeres, había unha bruxa que daba moito medo.

xoves, 7 de maio de 2009

Anxo Fariña o Día do Libro






O Día do Libro tivemos a sorte de ter aquí a Anxo Fariña, que nos abraiou cos seu debuxos. Dámoslle as grazas pola visita que nos fixo, sobre todo os máis pequenos do cole.

xoves, 23 de abril de 2009

O pan


Unha das mellores experiencias no que levamos de curso foi facer o pan. Ademais, para ser novatos, saíronnos uns boliños moi saborosos.

Semana da prensa


A semana da prensa foi unha experiencia interesante. Poidemos ver xornais da nosa terra e algúns de fóra. Os xornais deportivos estiveron entre os máis celebrados, incluso entre os máis pequenos.