martes, 14 de setembro de 2021
BENVIDOS AO CURSO 21-22
domingo, 20 de xuño de 2021
XORNAL ESCOLAR
Durante a semana da prensa (8 de marzo) comezamos a elaborar o noso xornal escolar.
Pasamos moitos meses coa creación
deste proxecto común, xa que implicou a
todo o alumnado e profesorado, pero por fin temos a satisfacción de amosarvos o
resultado, que ademais sérvenos para recordar como superamos este ano tan atípico.
Desfrutade da lectura e felices
vacacións!
xoves, 13 de maio de 2021
LETRAS GALEGAS. XELA ARIAS
Como cada 17 de Maio; dende 1963; celebramos o DÍA DAS LETRAS GALEGAS. Día no que homenaxeamos a persoas que destacaron polas súas aportacións na nosa lingua. Este ano recordamos a XELA ARIAS.
Durante esta semana, o alumnado de Educación Primaria do noso centro participou no “ESCAPE ROOM”. Convertéronse en reputados lingüistas que tiveron que axudar aos membros da Real Academia Galega a recadar información perdida de Xela Arias para poder celebrar o noso día!
As probas non eran sinxelas, pero algún grupo conseguiuno...
A
continuación tedes un vídeo resumo da vida de Xela Arias e un Genially co que
podedes seguir aprendendo moitas cousas da homenaxeada deste ano.
mércores, 21 de abril de 2021
DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO
Hoxe 23 de Abril, celebramos O DIA DO LIBRO, e facémolo da mellor maneira posible, creando un entre todo o alumnado do centro.
Antes de
nada, gustaríame darvos parabéns pola vosa implicación, xa que este traballo e
froito de todos/as.
A continuación
podedes ollar un conto inventado por 5ºA,5ºB e 6º; que foi titulado por 4º
como: “Os catro grandes exploradores”. A posta en escena e representada polo
alumnado de 1º, 2º e 3º de Primaria.
Por último,
amósase o Audiolibro coas ilustracións realizadas polo alumnado de Infantil.
Agardo que o
resultado final vos faga tanta ilusión coma a min! E non vos esquezades de que poderedes
atopalo na biblioteca escolar.
sábado, 6 de marzo de 2021
DÍA DA MULLER
Para festexar o 8 de Marzo, Día da Muller", ademais da exposición de inventos realizados por mulleres que levaremos a cabo no centro. No seguinte enlace encontraredes material para descargar relacionado coa campaña “Os Bolechas pola igualdade”.
- Conto dos Bolechas pola Igualdade.
- Caderno de actividades.
- Unidade Didáctica.
xoves, 18 de febreiro de 2021
DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO
Na ligazón que tedes abaixo, encontraredes varios apartados. É importante que pasedes polo de información, no que encontraredes vídeos da biografía de Rosalía de Castro (recoméndovos os dous que están cara a dereita) e a visita virtual da casa museo de Rosalía. En contos e cantos encóntranse vídeos con poemas de Rosalía.
Unha vez visitado eses dous apartados, estaredes preparados para
o xogo. (pinchade no voso nivel).
Espero que aprendades e desfrutedes con Rosalía.
martes, 26 de xaneiro de 2021
DIA DA NON VIOLENCIA E A PAZ
O
Equipo de Actividades Complementarias e Extraescolares e o de Dinamización da
Lingua Galega do centro elaboramos un Kahoot para celebrar o Día da Non
Violencia e a Paz. E que mellor día para compartir, axudar, cooperar, ser
bos compañeiros... Por ese motivo, e como novidade están convidados a
participar no Kahoot o C.E.I.P de Palas de Rei e o C.E.I.P. Plurilingüe
Antas de Ulla.
A
participación realizarase dende as vosas aulas, a nivel grupal.
Premede en KAHOOT e ingresade no lugar do nome: NIVEL E CENTRO.
Desfrutade
do xogo!





