Este ano conmemoramos este día realizando nas aulas fermosos traballos que
amosamos nun supermural de Mafalda na entrada do cole, onde atoparedes os lemas
e bos consellos para ler durante todo o ano.
martes, 30 de abril de 2019
mércores, 24 de abril de 2019
SEMANA DA PRENSA ESCOLAR
Consideramos de gran importancia ensinar a función dos distintos medios de
comunicación na nosa sociedade. Este ano programamos unha visita escolar ao PROGRESO DE LUGO para comprobar in situ como se elabora un xornal, paso
a paso, vendo as instalacións. Unha xornada leda e apaixonante para coñecer o
xornal da nosa provincia, e a súa historia.
venres, 22 de marzo de 2019
DÍA DA ÁRBORE E DE REFORESTACIÓN NA ESCOLA
Coa axuda e colaboración da Deputación de Lugo, que nos achegou distintos
exemplares sobre a importancia das árbores autóctonas, traballamos a
reforestación do noso patio para seguir sementando fábricas de osíxeno, sombra
e vida no noso espazo de recreo.
mércores, 13 de marzo de 2019
XA CHEGOU O ENTROIDO! IMOLO CELEBRAR TODO O COLE!
Unha data que agardamos todo o ano para desfrutar dos disfraces e da
gastronomía típica cunha gran chocolatada. Este ano da man dun orixinal
peliqueiro, que fixo de meco. Aceptamos a súas ordes e pasámolo moi ben!
martes, 12 de febreiro de 2019
DÍA DA PAZ NA ESCOLA
Tentando inculcar valores de paz e boa convivencia durante todo o ano,
tomamos como referente este día para lembrar a través dunha canción colectiva
valores de tolerancia e paz.
martes, 5 de febreiro de 2019
OBRADOIRO DE EDUCACIÓN MEDIOAMBIENTAL: “CHARLA COS ELECTROCOS”
Neste obradoiro os alumnos aprenderon
a reutilizar e reciclar, así como onde depositar os aparellos electrónicos e a
función do Punto Limpo dun xeito lúdico e moi didáctico.
mércores, 26 de decembro de 2018
UNHA DATA FEITICEIRA: O NADAL
Chegou o Nadal para enchernos desa maxia especial ao carón dun fermoso
festival no que amosaron as súas
panxoliñas. Tamén participaron facendo felicitacións co lema: “coidamos o noso monte”, onde xurdiron
enxeñosas postais de Nadal coa aportación das familias, que luciron na
exposición do noso cole.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)














