Coa axuda e colaboración da Deputación de Lugo, que nos achegou distintos
exemplares sobre a importancia das árbores autóctonas, traballamos a
reforestación do noso patio para seguir sementando fábricas de osíxeno, sombra
e vida no noso espazo de recreo.
venres, 22 de marzo de 2019
mércores, 13 de marzo de 2019
XA CHEGOU O ENTROIDO! IMOLO CELEBRAR TODO O COLE!
Unha data que agardamos todo o ano para desfrutar dos disfraces e da
gastronomía típica cunha gran chocolatada. Este ano da man dun orixinal
peliqueiro, que fixo de meco. Aceptamos a súas ordes e pasámolo moi ben!
martes, 12 de febreiro de 2019
DÍA DA PAZ NA ESCOLA
Tentando inculcar valores de paz e boa convivencia durante todo o ano,
tomamos como referente este día para lembrar a través dunha canción colectiva
valores de tolerancia e paz.
martes, 5 de febreiro de 2019
OBRADOIRO DE EDUCACIÓN MEDIOAMBIENTAL: “CHARLA COS ELECTROCOS”
Neste obradoiro os alumnos aprenderon
a reutilizar e reciclar, así como onde depositar os aparellos electrónicos e a
función do Punto Limpo dun xeito lúdico e moi didáctico.
mércores, 26 de decembro de 2018
UNHA DATA FEITICEIRA: O NADAL
Chegou o Nadal para enchernos desa maxia especial ao carón dun fermoso
festival no que amosaron as súas
panxoliñas. Tamén participaron facendo felicitacións co lema: “coidamos o noso monte”, onde xurdiron
enxeñosas postais de Nadal coa aportación das familias, que luciron na
exposición do noso cole.
martes, 20 de novembro de 2018
GRABACIÓN DO PROGRAMA DE BRAULIO TUBER
Tivemos a sorte de ser seleccionados, os alumnos de 3º de Educación
Primaria, para poder participar nun programa moi divertido e unha experiencia apaixonante
da man de Braulio, onde manifestamos as nosas inquietudes polos mares e os océanos
e a importancia de coidalos para as nosas vidas.
luns, 12 de novembro de 2018
CELEBRACIÓN DO SAMAÍN E MAGOSTO NA ESCOLA
O outono xa chegou enchendo de ledicia e entusiasmo a nosa escola. Non nos
esquecemos destas celebracións e agradecemos a colaboración das familias na
aportación de orixinais cabazas.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)










