martes, 9 de maio de 2017

CELEBRACIÓN DA SEMANA DA PRENSA NA ESCOLA


Este ano, da man de xornais da provincia de Lugo celebramos a Semana da Prensa destinada a dar a coñecer a importancia dos medios de comunicación na aula. 







Os nosos alumnos tiveron a ocasión de facer artigos de prensa e coñecer a elaboración das noticias nos distintos medios de comunicación.

xoves, 27 de abril de 2017

INAUGURACIÓN DO HORTO ECOLÓXICO DO COLE


Despois dun laborioso traballo de investigación por parte das familias para elixir unha hortaliza típica da Comarca da Ulloa que tivo moi boa acollida, propuxémonos como reto crear un horto escolar ó carón do horto de plantas aromáticas. 








Xa temos no noso cole un horto ecolóxico que agardamos seguir coidando para recoller os mellores froitos e achegar a cultura ecolóxica ós nenos.

CONMEMORACIÓN DO DÍA DO LIBRO

En colaboración co equipo da biblioteca, a celebración para o Día do Libro tivo unha acollida moi boa por parte de toda a comunidade educativa. 





A actividade que máis entusiasmou ós nenos foron a creación de marcapáxinas, así como a elección do seu libro preferido, traballos que plasmaron nesta xeitosa exposición.

martes, 7 de marzo de 2017

CELEBRACIÓN DO ENTROIDO NA ESCOLA

Agardábamos con moito entusiasmo a chegada desta xornada, adicada á unha personaxe moi especial do Entroido: o peliqueiro. 



Debuxamos un gran peliqueiro para animar a todos os nenos e as súas familias a recompilar adiviñas, refráns, receitas... nun fermoso libro viaxeiro.


Mirade que chulo nos quedou!


GRAN CHOCOLATADA E DEGUSTACIÓN DE POSTRES DE ENTROIDO




Unha xornada de convivencia ó carón dos disfraces, da gastronomía e da música!

mércores, 8 de febreiro de 2017

DÍA DA PAZ

Este día foi conmemorado por todos os cursos. Fixemos un decálogo de atención para fomentar actitudes, creando un universo cheo de estrelas e de mensaxes de paz, tolerancia e respecto.





Estrelas da paz e estrelas da canción!





martes, 24 de xaneiro de 2017

OBRADOIRO MEDIOAMBIENTAL VOZ NATURA

Un ano máis seguimos co noso proxecto do Horto Ecolóxico con varias propostas e actividades para levar a cabo a nosa ilusión: "sementar sementarei no noso horto ecolóxico". 

Contaremos coma sempre coa colaboración dos Brigadas Verdes, alumnos e alumnas de 1º a 6º de Primaria.




A súa función durante os recreos consiste na vixianza e coidado do súa contorna máis próxima, ó longo de todo o curso.





A ubicación perfecta para o horto ecolóxico é a carón do horto de plantas aromáticas.


Coa colaboración de toda a comunidade educativa, preferentemente as familias, investigamos sobre as distintas hortalizas da Comarca da Ulloa, plasmándoas en fermosos traballos para facer un Libro Viaxeiro.




martes, 27 de decembro de 2016

NADAL NA ESCOLA


Coma sempre intentando facer algo especial co Trasno do Nadal, traballamos nas aulas esta celebración con murais, cantigas, dramatizacións... cun entusiasmo especial que quedou plasmado no festival realizado no ximnasio. 

Nas vindeiras datas engadiremos as fotos desta celebración máxica!