xoves, 24 de marzo de 2016

DÍA DA ÁRBORE

Coa plantación dun castiñeiro no patio escolar, como colofón despois de 3 anos de reforestación con tilos, magnolios, photimias, plataneros, adecentando as zonas axardinadas e de lecer.





mércores, 2 de marzo de 2016

CELEBRACIÓN DO ENTROIDO NA ESCOLA


Este ano adicámolo a recreación e elaboración de disfraces de animais, estacións do ano, o bosque que tanto engaiola ós alumnos, desde a etapa de Infantil disfrazados de bonecos de neve, do outono, da primavera e do verán.






Velaquí a mostra dos disfraces dos cursos de E. Primaria!

mércores, 17 de febreiro de 2016

OBRADOIRO DE TRADICIÓN ORAL: ADIVIÑAS DA NATUREZA

Actividade destinada as familias que resultou moi atractiva que consistía na elección dun animal, estación do ano, planta preferida... Co resultado de fermosos traballos que agasallaron o corredor principal.







PROXECTO MEDIOAMBIENTAL VOZ NATURA

Seguimos un ano máis conservando o noso entorno natural, o patio de recreo. Seguiremos a traballar coas brigadas verdes cuxa misión é vixiar e colaborar cos compañeiros na reciclaxe dos residuos depositándoos nos distintos colectores, sen esquecer o coidado do noso horto de plantas aromáticas.














mércores, 3 de febreiro de 2016

CELEBRACIÓN DO DÍA DA PAZ NA ESCOLA

Traballouse este día desde as aulas coas titoras para lembrar as normas de convivencia e tolerancia. Adicamos tamén esta celebración para recordar que a paz é cousa de todos e os valores de respecto, tolerancia e solidariedade deben estar presentes en todo momento.


martes, 5 de xaneiro de 2016

UNHA XORNADA ESPECIAL: O FESTIVAL DE NADAL

Un ano máis, o trasno do Nadal aterriza no CEIP de Monterroso. Velaquí o arte dos nosos escolares interpretando panxoliñas, bailes e dramatizacións.


Este é a estrea dos alumnos de 4º de Educación Infantil.


"Con mi burrito sabanero" amenizáronnos os alumnos de 5º de Educación Infantil.



Dramatización dos alumnos de 6º de Educación Infantil.

martes, 17 de novembro de 2015

CELEBRACIÓN DA CHEGADA DO OUTONO E A SÚA FESTA: O MAGOSTO

Xa chegou o outono aportando novas ideas para coñecer mellor as especies autóctonas e o producto típico da nosa comarca, a castaña. Fixemos un estudio minucioso nas aulas ao carón dunha tradición engaiolante: o Magosto.




Da man desta iniciativa dos alumnos de 5º de Primaria achegamos os refráns máis coñecidos da Comarca da Ulloa: "Apaña unha castaña non sexas lacazán, apaña unha castaña e lerás un refrán"



Orixinal recompilación de recetas coa castaña.


Esta é a mostra dos traballos realizados polos alumnos dos distintos cursos de Educación Infantil e Primaria.