luns, 29 de xuño de 2015
FELIZ VERÁN E DISFRUTADE A TOPE!
O Equipo de Normalización Lingüística deséxavos un feliz verán! Agardamos seguir traballando pola nosa lingua e agarimando a toda a comunidade educativa. Grazas a todos e todas pola vosa colaboración!
mércores, 24 de xuño de 2015
ACTUACIÓN DE TÍTERES TRES GLOBOS NA ESCOLA
O noso alumnado puido disfrutar da actuación de "Pedro e o Lobo" da man de "títeres Tres Globos", que entusiasmou coa súa historia e orixinalidade ós alumnos de Infantil e primeiro e segundo de Primaria.
mércores, 3 de xuño de 2015
SEMANA DAS LETRAS GALEGAS
Adicada este ano a mestre Xosé Filgueira Valverde, realizamos distintas unidades didácticas axeitadas a cada curso para achegar a vida e obra deste autor.
Celebramos tamén o Festival das Letras Galegas con distintas actuacións, lecturas de poemas musicalizados, bailes e acrobacias.
Celebramos tamén o Festival das Letras Galegas con distintas actuacións, lecturas de poemas musicalizados, bailes e acrobacias.
mércores, 20 de maio de 2015
OBRADOIRO DE RECICLAXE: ELABORACIÓN DE CARTEIS COS NOMES DAS PLANTAS
Realizamos distintos carteis, un para cada planta, co nome en galego e castelán para recoñecer o arbusto, árbore ou planta. Mirade que fermosos nos quedaron!
martes, 19 de maio de 2015
OBRADOIRO DE FARMACIA NATURAL: "A BOTICA DO NOSO COLE"
Realizada polos alumnos de 3º de Educación Primaria e 6º de Educación Infantil da man da Fundación Barrié de la Maza, que nos agasallou cun baúl de sementes de 23 especies diferentes para ver o proceso de crecemento das plantas, propiedades e beneficios para o noso benestar. Unha lección de botánica orientada desde Farmacia Natural.
mércores, 29 de abril de 2015
CREACIÓN DO HORTO ESCOLAR: UNHA XORNADA LÚDICA E IRREPETIBLE
No patio escolar atopamos un lugar axeitado para ubicar o noso horto escolar de plantas aromáticas, despois dun minucioso estudo das máis coñecidas da nosa comarca. Unha actividade principal do Proxecto Voz Natura.
martes, 28 de abril de 2015
CONMEMORACIÓN DO DÍA DO LIBRO
Contando coa colaboración do equipo da biblioteca achegamos o alumnado a magna obra de Cervantes: "O Quixote", da man de unidades didácticas e xeitosos murais programados para o evento.
Co firme propósito de fomentar a lectura de autores diversos durante todo o curso escolar, achegamos tamén distintas propostas didácticas de lectura para o tempo de lecer.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)

