Actividade levada a cabo pola titora de 6º de Educación Infantil en colaboración coas familias. Sorprendente participación con verdadeiras obras de arte no eido da botánica.
martes, 31 de marzo de 2015
mércores, 18 de marzo de 2015
CELEBRACIÓN DO ENTROIDO NA ESCOLA
Unha xornada lúdica e divertida na que participamos cos nosos disfraces nun laborioso desfile adicado este ano os contos tradicionais: "Carapuchiña e o Lobo", "Brancaneves e os 7 enaniños", "Pitufolandia" e o "Flautista de Hamelín".
DEGUSTACIÓN DE DOCES TÍPICOS DO ENTROIDO E CHOCOLATADA
martes, 3 de febreiro de 2015
CELEBRACIÓN DO DÍA DA PAZ E NON VIOLENCIA
Da man dun superglobo da paz, cheo de mensaxes, manualidades, pombas e adicatorias dos alumnos co obxectivo de potenciar a solidariedade e a convivencia no entorno, facendo un mundo mellor.
luns, 12 de xaneiro de 2015
OBRADOIRO MEDIOAMBIENTAL: "COÑECEMOS AS PLANTAS AROMÁTICAS DA ULLOA"
Unha iniciativa lúdico-didáctica recollida no proxecto Voz Natura para coñecer a fondo a botánica da Comarca da Ulloa coa participación de todas as familias.
A actividade consistiu na elección dunha planta, árbore ou arbusto da Ulloa e elaborar unha ficha didáctica adiviñando propiedades, usos e beneficios da mesma.
mércores, 24 de decembro de 2014
FESTIVAL DE NADAL 2014
Un ano máis, o trasno de Nadal engaiola a nosa comunidade educativa. Celebrámolo cun fermoso festival no que participaron os alumnos interpretando panxoliñas, dramatizacións, bailes e mimos, lembrando esta data feiticeira. Velaquí a mostra!
Os principiantes de tres anos cantaron unha panxoliña.
Os alumnos de 5º de Primaria deleitáronnos cunha fermosa mostra mímica!
luns, 17 de novembro de 2014
O MAGOSTO NA ESCOLA: XORNADA LÚDICA E DEPORTIVA
O noso cole celebrou un ano máis o día 13 de novembro a tradición dos Magostos ó carón de xogos populares e tendo como protagonista a castaña. Ademais, coñecemos e traballamos nas aulas a importancia deste froito do outono para a economía monterrosina.
Velaquí unha mostra dos castañeiros feitos con material de refugallo para gardar as castañas quentiñas do Magosto.
luns, 10 de novembro de 2014
DESEMBARCO NO CEIP DE MONTERROSO
O pasado 30 de outubro recibimos a visita por terra dun enorme barco cargado de aventuras da Ribeira Sacra da man da Diputación Provincial de Lugo. Unha experiencia especial para os nosos escolares que puideron palpar de cheo as fabulosas paisaxes que nos ofrece a Ribeira Sacra, así como as embarcacións que se utilizaban noutrora, E todo, da man dun fermoso vídeo de Anxo Moure para apoiar a iniciativa de Patrimonio da Humanidade dunha paisaxe impresionante.
Tamén coñeceron a diferente biodiversidade dos nosos ríos, costas e mares.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)











