luns, 19 de maio de 2014

OBRADOIRO DE TRADICIÓN ORAL: O TESOURO DA NOSA LINGUA

Unha proposta que resultou moi atractiva para todos os alumnos do centro. Consistiu en elixir coa colaboración da súa familia unha palabra máxica da nosa lingua e facer con ela unha ilustración ou unha manualidade. Con todas as palabras máxicas presentadas realizamos unha magnífica exposición no corredor principal do centro.
Velaquí a mostra:










sábado, 17 de maio de 2014

SEMANA DAS LETRAS GALEGAS: LEMBRANZA DOS NOSOS ESCRITORES

Realizamos distintas actividades para homenaxear ao poeta guitiricense Xosé María Díaz Castro, investigando a través de distintas unidades didácticas un pouco máis na súa obra e na súa vida. Recitamos os seus poemas e tamén fixemos unha grata lembranza a poetisa Rosalía de Castro.




Unha xornada de reflexión para inculcar ós máis novos o interese por coñecer os escritores da nosa lingua que sen dúbida foron e son o timón da nosa cultura.

venres, 25 de abril de 2014

DÍA DO LIBRO: CELEBRAMOS O DÍA DO LIBRO!



Este ano en colaboración co equipo da biblioteca tentamos fomentar a lectura durante todo o ano, e o agarimo polos contos tradicionais de xeito que cada neno elexise o seu conto preferido e fixese unha portada.
Olé pola participación!






Agradecemos a participación dos pais e nais que se ofreceron altruistamente para facer de contacontos por un día. E como non, tamén ós alumnos!






sábado, 8 de marzo de 2014

O ENTROIDO: XORNADA DE TROULA E PARRANDA

Despois de elaborar os disfraces e seguir os mandatos do Meco (este ano unha muller en homenaxe ó traballo da mesma na sociedade), participamos na degustación da chocolatada e os doces típicos de Entroido (orellas, roscóns, filloas...) para coller forzas e disfrutar no festival organizado no pabellón polideportivo, amosando o desfile das comparsas.


 


martes, 4 de marzo de 2014

CELEBRACIÓN DA SEGUNDA XORNADA DE REFORESTACIÓN NO PATIO ESCOLAR

Procedemos unha xornada máis a seguir plantando distintas especies arbóreas no noso patio escolar: magnolios, photimias, camelias, loureiros e outras especies para encher de vida a nosa contorna máis próxima. Tenta ser a actividade principal contemplada no "proxecto Voz Natura", no que acadamos unha cuantía importante, adicada a reforestación do noso espazo natural.









Mirade o noso xardín!


O noso patio está chulísimo!

martes, 11 de febreiro de 2014

OBRADOIRO DE ENTROIDO: ELABORACIÓN DOS DISFRACES

Unha data que agardamos con entusiasmo todo o ano e que traballamos conxuntamente coas familias para seguir a recuperar e a celebrar unha tradición popular, gastronómica e lúdica.
Realizamos disfraces desde os distintos ciclos: en Educación Infantil de paiasos; en 1º ciclo de Primaria, de camareiros e camareiras; no 2º ciclo de Primaria, de pintores e pintoras; e no 3º ciclo de zombies e festeiros.
Achegamos tamén, a través dunha exposición espectacular, as distintas máscaras: madamas, cigarróns, peliqueiros... do Entroido ancestral galego, tentando fomentar hábitos para a recuperación da nosa memoria histórica.



 
 
 

mércores, 5 de febreiro de 2014

O TREN DA PAZ: DÍA DA PAZ E NON VIOLENCIA

Neste día tan especial, o tren da paz chegou cargado de pombas, mans, mensaxes e reportaxes para recrear e achegar a todo o alumnado do centro a idea da conmemoración deste día e a repercusión da paz e a tolerancia durante todo o curso escolar. Todos xuntos entonamos unha canción que amosaba como conquerir un mundo cheo de respeto, amor e paz.