sábado, 8 de marzo de 2014
O ENTROIDO: XORNADA DE TROULA E PARRANDA
Despois de elaborar os disfraces e seguir os mandatos do Meco (este ano unha muller en homenaxe ó traballo da mesma na sociedade), participamos na degustación da chocolatada e os doces típicos de Entroido (orellas, roscóns, filloas...) para coller forzas e disfrutar no festival organizado no pabellón polideportivo, amosando o desfile das comparsas.
martes, 4 de marzo de 2014
CELEBRACIÓN DA SEGUNDA XORNADA DE REFORESTACIÓN NO PATIO ESCOLAR
Procedemos unha xornada máis a seguir plantando distintas especies arbóreas no noso patio escolar: magnolios, photimias, camelias, loureiros e outras especies para encher de vida a nosa contorna máis próxima. Tenta ser a actividade principal contemplada no "proxecto Voz Natura", no que acadamos unha cuantía importante, adicada a reforestación do noso espazo natural.
Mirade o noso xardín!
O noso patio está chulísimo!
martes, 11 de febreiro de 2014
OBRADOIRO DE ENTROIDO: ELABORACIÓN DOS DISFRACES
Unha data que agardamos con entusiasmo todo o ano e que traballamos conxuntamente coas familias para seguir a recuperar e a celebrar unha tradición popular, gastronómica e lúdica.
Realizamos disfraces desde os distintos ciclos: en Educación Infantil de paiasos; en 1º ciclo de Primaria, de camareiros e camareiras; no 2º ciclo de Primaria, de pintores e pintoras; e no 3º ciclo de zombies e festeiros.
mércores, 5 de febreiro de 2014
O TREN DA PAZ: DÍA DA PAZ E NON VIOLENCIA
Neste día tan especial, o tren da paz chegou cargado de pombas, mans, mensaxes e reportaxes para recrear e achegar a todo o alumnado do centro a idea da conmemoración deste día e a repercusión da paz e a tolerancia durante todo o curso escolar. Todos xuntos entonamos unha canción que amosaba como conquerir un mundo cheo de respeto, amor e paz.
domingo, 22 de decembro de 2013
FESTIVAL DE NADAL
Unha data feiticeira na que os nosos corazóns rebulen de amor, paz e ilusión ao carón das panxoliñas e das actividades que preparamos para engaiolar ao noso alumnado.
O corredor principal disfrazouse de festa e troula sendo unha xornada leda e inolvidable para toda a familia educativa.
venres, 20 de decembro de 2013
VISITA DOS REIS MAGOS Ó CEIP DE MONTERROSO
Tivemos a sorte este ano de que chegaran os Reis Magos ó carón dunha actividade dinamizadora da nosa lingua para inculcar nos máis novos a utilización da lingua galega para escribir a carta ós Reis.
Previamente, traballamos nas aulas realizando as cartas para entregar persoalmente ás súas Maxestades.
mércores, 13 de novembro de 2013
CELEBRACIÓN DO MAGOSTO NA ESCOLA
"Polo San Martiño, a castaña molla o viño"
Unha tradición inesquecible na nosa comarca ao redor dun producto, a castaña, que ten unha importancia considerable, dada a súa produción e distribución, sendo un eixe importante na economía da nosa vila.
Fixemos a degustación das castañas e foi unha xornada lúdica e deportiva.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)
