martes, 4 de marzo de 2014

CELEBRACIÓN DA SEGUNDA XORNADA DE REFORESTACIÓN NO PATIO ESCOLAR

Procedemos unha xornada máis a seguir plantando distintas especies arbóreas no noso patio escolar: magnolios, photimias, camelias, loureiros e outras especies para encher de vida a nosa contorna máis próxima. Tenta ser a actividade principal contemplada no "proxecto Voz Natura", no que acadamos unha cuantía importante, adicada a reforestación do noso espazo natural.









Mirade o noso xardín!


O noso patio está chulísimo!

martes, 11 de febreiro de 2014

OBRADOIRO DE ENTROIDO: ELABORACIÓN DOS DISFRACES

Unha data que agardamos con entusiasmo todo o ano e que traballamos conxuntamente coas familias para seguir a recuperar e a celebrar unha tradición popular, gastronómica e lúdica.
Realizamos disfraces desde os distintos ciclos: en Educación Infantil de paiasos; en 1º ciclo de Primaria, de camareiros e camareiras; no 2º ciclo de Primaria, de pintores e pintoras; e no 3º ciclo de zombies e festeiros.
Achegamos tamén, a través dunha exposición espectacular, as distintas máscaras: madamas, cigarróns, peliqueiros... do Entroido ancestral galego, tentando fomentar hábitos para a recuperación da nosa memoria histórica.



 
 
 

mércores, 5 de febreiro de 2014

O TREN DA PAZ: DÍA DA PAZ E NON VIOLENCIA

Neste día tan especial, o tren da paz chegou cargado de pombas, mans, mensaxes e reportaxes para recrear e achegar a todo o alumnado do centro a idea da conmemoración deste día e a repercusión da paz e a tolerancia durante todo o curso escolar. Todos xuntos entonamos unha canción que amosaba como conquerir un mundo cheo de respeto, amor e paz.





 

domingo, 22 de decembro de 2013

FESTIVAL DE NADAL

Unha data feiticeira na que os nosos corazóns rebulen de amor, paz e ilusión ao carón das panxoliñas e das actividades que preparamos para engaiolar ao noso alumnado.
O corredor principal disfrazouse de festa e troula sendo unha xornada leda e inolvidable para toda a familia educativa.
Velaí unha mostra...








venres, 20 de decembro de 2013

VISITA DOS REIS MAGOS Ó CEIP DE MONTERROSO

Tivemos a sorte este ano de que chegaran os Reis Magos ó carón dunha actividade dinamizadora da nosa lingua para inculcar nos máis novos a utilización da lingua galega para escribir a carta ós Reis.
Previamente, traballamos nas aulas realizando as cartas para entregar persoalmente ás súas Maxestades.
Foi unha xornada alucinante, poder sentarse no seu colo e facer a petición do seu agasallo preferido.







mércores, 13 de novembro de 2013

CELEBRACIÓN DO MAGOSTO NA ESCOLA

"Polo San Martiño, a castaña molla o viño"
Unha tradición inesquecible na nosa comarca ao redor dun producto, a castaña, que ten unha importancia considerable, dada a súa produción e distribución, sendo un eixe importante na economía da nosa vila.
Fixemos a degustación das castañas e foi unha xornada lúdica e deportiva.

martes, 15 de outubro de 2013

OBRADOIRO MEDIOAMBIENTAL E DE RECICLAXE

Continuamos este ano colaborando co Banco de Tapóns de Lugo para fins solidarios e para separar e reciclar os plásticos pedindo colaboración sempre ás familias. Ánimo para traer moitos tapóns ó cole e así seguir fomentando a reciclaxe de plásticos!