Neste día tan especial, o tren da paz chegou cargado de pombas, mans, mensaxes e reportaxes para recrear e achegar a todo o alumnado do centro a idea da conmemoración deste día e a repercusión da paz e a tolerancia durante todo o curso escolar. Todos xuntos entonamos unha canción que amosaba como conquerir un mundo cheo de respeto, amor e paz.
mércores, 5 de febreiro de 2014
domingo, 22 de decembro de 2013
FESTIVAL DE NADAL
Unha data feiticeira na que os nosos corazóns rebulen de amor, paz e ilusión ao carón das panxoliñas e das actividades que preparamos para engaiolar ao noso alumnado.
O corredor principal disfrazouse de festa e troula sendo unha xornada leda e inolvidable para toda a familia educativa.
venres, 20 de decembro de 2013
VISITA DOS REIS MAGOS Ó CEIP DE MONTERROSO
Tivemos a sorte este ano de que chegaran os Reis Magos ó carón dunha actividade dinamizadora da nosa lingua para inculcar nos máis novos a utilización da lingua galega para escribir a carta ós Reis.
Previamente, traballamos nas aulas realizando as cartas para entregar persoalmente ás súas Maxestades.
mércores, 13 de novembro de 2013
CELEBRACIÓN DO MAGOSTO NA ESCOLA
"Polo San Martiño, a castaña molla o viño"
Unha tradición inesquecible na nosa comarca ao redor dun producto, a castaña, que ten unha importancia considerable, dada a súa produción e distribución, sendo un eixe importante na economía da nosa vila.
Fixemos a degustación das castañas e foi unha xornada lúdica e deportiva.
martes, 15 de outubro de 2013
OBRADOIRO MEDIOAMBIENTAL E DE RECICLAXE
Continuamos este ano colaborando co Banco de Tapóns de Lugo para fins solidarios e para separar e reciclar os plásticos pedindo colaboración sempre ás familias. Ánimo para traer moitos tapóns ó cole e así seguir fomentando a reciclaxe de plásticos!
martes, 17 de setembro de 2013
martes, 10 de setembro de 2013
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)