martes, 15 de outubro de 2013

OBRADOIRO MEDIOAMBIENTAL E DE RECICLAXE

Continuamos este ano colaborando co Banco de Tapóns de Lugo para fins solidarios e para separar e reciclar os plásticos pedindo colaboración sempre ás familias. Ánimo para traer moitos tapóns ó cole e así seguir fomentando a reciclaxe de plásticos!

martes, 17 de setembro de 2013

PROXECTO VOZ NATURA: "AFORREMOS UNHA PINGA DE ILUSIÓN"

Acadamos un ano máis  unha dotación económica importante para seguir a reforestar o noso patio escolar e tamén coñecer mellor, respetar e coidar os espazos naturais da nosa localidade: A Peneda e o río Ulla.

martes, 10 de setembro de 2013

PARABÉNS E BENVIDOS Ó CURSO 2013/2014

Un novo curso comeza cheo de ilusións e desexos para achegar as tradicións da nosa cultura, obradoiros e celebracións, para que o legado donado dos nosos devanceiros continúe a xermolar con novos proxectos en prol da dinamización da nosa lingua dentro da nosa comunidade educativa.

xoves, 6 de xuño de 2013

CONTACONTOS NA ESCOLA: O CARBALLO CON BOTAS

Para conmemorar conxuntamente o Día do Libro e a Semana das Letras Galegas, agardábamos inquietantes a colaboración dun xenial contacontos, Anxo Moure,  que engaiolou a todos os pequenos da escola, amosándonos inquietudes de respecto e coidado cos nosos bosques e coa natureza.







 
Foi unha xornada alucinante na que os nenos disfrutaron e se convertiron en contacontos por un día!

martes, 21 de maio de 2013

SEMANA DAS LETRAS GALEGAS

Este ano adicado ao inxenioso Roberto Vidal Bolaño e a súa obra, non nos esquecemos tampouco da poetisa Rosalía de Castro co gallo do centenario da obra Cantares Gallegos. Subliñar que o festival das Letras celebrarémolo a finais de xuño, con cantigas, coreografías e interpretacións musicais diversas.

luns, 29 de abril de 2013

OBRADOIRO DE CREACIÓN LITERARIA: DÍA DO LIBRO

Adicamos este día a unha árbore coñecida polos monterrosinos: o carballo, tomando como referencia a fermosa carballeira do Espazo Recreativo de A Peneda. Á carón desta, fixemos un conto infantil titulado O trasno da Peneda.


EXPOSICIÓN DIDÁCTICA DE LIBROS RELACIONADOS COA NATUREZA
 

Que interesante está este libro! 


mércores, 17 de abril de 2013

OBRADOIRO DE ALIMENTACIÓN E CONSUMO: FACEMOS GALLETAS NA ESCOLA

Primerio damos a coñecer os ingredientes paso a paso: catro ovos, fariña, levadura, azucre, manteiga e virutas de chocolate. Procedemos a mesturar todos os ingredientes e facilitámoslles formas diversas para que cadaquén faga a súa galleta inesquecible. Poñemos moito empeño nos pasos a seguir e... ó forno!













Desexando probalas xa, que ricas as nosas galletas!