luns, 11 de marzo de 2013

UNHA TRADICIÓN ENGAIOLANTE: O ENTROIDO

O Entroido na escola ten un sentimento especial, desde sempre sentímonos moi involucrados con esta festa para disfrutar, imaxinar, degustar e concienciar a sociedade de que unha festa tan ancestral nunca debe perderse.






Os alumnos de Educación Infantil disfrazámonos de Pinga Plof despois de fomentar inquietudes de respecto cara a auga, facendo dela un consumo responsable.
 



No 1º ciclo protagonizaron unha sesión de skate, confeccionando os patinetes con materiais de refugallo.




 
No 2º ciclo, puxeron especial interés en utilizar roupa vella e materiais de refugallo, facendo una homenaxe ós oficios dos nosos antergos: queixeiras, zoqueiros, feireantes...

 
No 3º ciclo recrearon un bosque animado cheo de flora e fauna típica da Comarca da Ulloa, aludindo ó reciclaxe do lixo nos distintos contedores.
 
 
Para rematar a festa, non podía faltar as larpeiradas típicas do Entroido, acompañadas dunha gran chocolatada, a cal puidemos degustar xuntos no comedor do centro educativo.

luns, 4 de marzo de 2013

CREACIÓN DA BRIGADA VERDE

Para o mantemento e conservación da nosa plantación e do coidado e limpeza do noso patio escolar, inauguramos xunto con esta xornada a BRIGADA VERDE integrada por todos os alumnos de 5º e 6º de Educación Primaria, co obxectivo de vixiar as árbores e tamén axudar ós seus compañeiros a depositar cada lixo no seu colector na hora do recreo.






 
 
Parabéns a todos os componentes da Brigada Verde pola vosa colaboración e o voso esforzo altruísta!

luns, 25 de febreiro de 2013

CONCURSO DE PROPOSTAS DE AFORRO ENERXÉTICO




Desde o ENL, decidimos convocar un concurso de propostas para fomentar medidas de aforro enerxético con pequenos xestos. Para iso, decidimos buscar un eslogan e una mascota que fosen o eixe central do noso proxecto medioambiental.




A nosa mascota LUCIÑA e o noso eslogan: "Dá luz verde á túa vida, aforra enerxía".


 







 
 
Como podedes comprobar, os traballos presentados trataban desde o aforro de auga, luz, a reciclaxe, a selección do lixo nos distintos colectores, e propostas moi creativas dos nosos alumnos.

martes, 12 de febreiro de 2013

PRIMEIRA XORNADA DE REFORESTACIÓN NO PATIO ESCOLAR

Dentro das actividades programadas para o proxecto Voz Natura,  o dia 1 de febreiro realizamos a actividade máis importante: a reforestación do noso patio escolar,  facendo un espazo natural cheo de vida, de osíxeno e de sombra.







 

 

martes, 5 de febreiro de 2013

DÍA DA PAZ E NON VIOLENCIA






Comprometidos co noso proxecto medioambiental e tentando unificar inquietudes de paz e tolerancia, decidimos toda a comunidade educativa realizar UN SUPERMURAL DA ÁRBORE DA PAZ, na que todos os escolares aportaron as súas pombas de paz o 30 de xaneiro.

martes, 22 de xaneiro de 2013

NADAL NA ESCOLA

Como ven sendo tradicional, non podíamos deixar de preparar unha morea de actividades lúdicas e máxicas para aloumiñar as vindeiras datas de Nadal. Velaquí as fotos do festival onde tivemos interpretacións instrumentais a cargo de Aldara e Samuel, e o seu grupo de 6º de Primaria.


 
 
 
Os máis cativos tamén nos agasallaron cunha dramatización moi simpática e varias panxoliñas de Nadal.
 



 
 

mércores, 16 de xaneiro de 2013

OBRADOIRO MEDIOAMBIENTAL: APRENDEMOS A RECICLAR


 

 
Coas seguintes ilustracións, lembramos como se debe facer una boa recollida do lixo nos distintos colectores.




 
 


Tentando achegar a recollida selectiva dos materiais de refugallo ós alumnos, iniciamos entre toda a comunidade educativa unha campaña de concienciación para depositar o lixo no colector correspondente.