luns, 6 de febreiro de 2012

DÍA DA PAZ E NON VIOLENCIA



Este día tan sinalado para todos tentamos facer un supermural alusivo ó Día da Paz e Non Violencia fomentando durante todo o ano hábitos de convivvencia e tolerancia. Amosamos os traballos de todos os cursos neste especial e entrañable Arco da Vella.

xoves, 29 de decembro de 2011

CELEBRACIÓN DO NADAL NA ESCOLA: CONCURSO DE POSTAIS DE NADAL









Desde o Equipo de Normalización Lingüística convocamos un concurso de postais para todos os ciclos do centro. Outorgamos cinco premios de entre todos os traballos presentados, e elixeremos unha postal para fecilitar a toda a comunidade educativa nestas datas tan entrañables. A exposición de traballos no corredor principal do centro amosou que a iniciativa foi un éxito.

FESTIVAL DE NADAL










Foi unha xornada lúdica moi emotiva na que todos os nenos puideron amosar o seu bo facer no eido musical, interpretando distintas panxoliñas, e nas dramatizacións ao carón do Belén, que encheron de emoción e ledicia a todos os asistentes ó festival.

xoves, 22 de decembro de 2011

ACTUACIÓN DO CONTACONTOS NACHO DE LALÍN







O 16 de Decembro visitounos o contacontos Nacho de Lalín co que disfrutamos moito cos seus contos e historias, así como cas cantigas de tradición oral da súa infancia.

luns, 19 de decembro de 2011

OBRADOIRO MEDIOAMBIENTAL COA COLABORACIÓN DE SOGAMA













Unha experiencia impresionante na que aprendemos a reciclar o lixo nos distintos contedores para primeiro e segundo ciclo de primaria. Tamén xogamos ó trivial os alumnos de 5º e 6º, respostando a preguntas formuladas da man de dúas monitoras que tentaron fomentar con estas actividades hábitos de coidado e respecto á natureza, elaborando varios supermurais para sensibilizar ós escolares da importancia do aforro da auga para a vida e de como reciclar todo tipo de materiais.

sábado, 8 de outubro de 2011

A FESTIVIDADE DO MAGOSTO


Os nenos de Educación Infantil amosan as súas manualidades




O outono é unha data optimista e vital para coñecer a natureza, ideal para encher de creatividade e morriña as horas de lecer e tamén de achegar as tradicións e as costumes típicas: o Samain, o Magosto... ao carón de contos, lendas, murais e manualidades coñecendo un producto propio da nosa comarca: a castaña.

mércores, 7 de setembro de 2011

CURSO 2011-2012

Benvidos ao novo curso académico que agardamos sexa de moito proveito para toda a comunidade educativa do centro. Desde o novo equipo de normalización e dinamización lingüística seguimos coa ilusión de realizar unha morea de actividades e obradoiros para dinamizar a nosa lingua e para investigar no noso refraneiro durante todo o curso académico.
Da man de contacontos, magos e diversos talleres tentaremos achegar a todos os alumnos do CEIP a aficción pola lectura, pola nosa cultura e a recuperación das nosas tradicións.