Da man do musicólogo Marías de Ortigueira fixemos un recorrido por todos os instrumentos da música tradicional, o día 25 de maio. Cunha xenerosa exposición de instrumentos musicais de vento, percusión, vento-metal e os máis variopintos da nosa cultura tradicional, todos os alumnos do centro puideron velos, tocalos e disfrutar deste fermoso momento co obxectivo de coñecelos e introducilos no mundo da música, a través da interpretación didáctica de distintas pezas musicais.
venres, 27 de maio de 2011
ACTUACIÓN TÍTERES TRES GLOBOS
Unha actividade que tivo moito éxito entre os escolares foi a actuación de títeres Tres Globos coa obra titulada Pedro e o lobo. En tres sesións durante a maña do 24 de maio, os alumnos disfrutaron dunha xornada divertida onde as gargalladas invadían a sala multiusos do centro.
mércores, 25 de maio de 2011
SEMANA DAS LETRAS GALEGAS
A semana das Letras Galegas celebrámola cunha morea de actividades, adicadas ao poeta monfortino Lois Pereiro. Quixemos achegar a súa obra e a súa vida, a súa poesía impregnada de sinceridade, dor e amor a carón de diversos actos: exposición de paneis informativos no corredor principal. Fixemos un gran mural alusivo a Lois Pereiro.
mércores, 27 de abril de 2011
23 DE ABRIL: DÍA DO LIBRO
xoves, 10 de marzo de 2011
ENTROIDO 2011
Con moita ledicia, ilusión e diversión celebramos o Entroido na escola. Velaí unha mostra do noso bó facer, agradecendo a colaboración de todas as familias na confección dos disfraces. Desde Bob Esponja, espantallos, animadoras, peregrinos e tamén lúas e soles invadiron o C.E.I.P. Monterroso agasallándonos un día de troula inolvidable.
Seguimos a tradición probando os deliciosos doces e postres desta época no comedor acompañados dunha boa chocolatada.
xoves, 3 de febreiro de 2011
DÍA DA PAZ E NON VIOLENCIA
No noso cole celebramos o Día da Paz en todos os cursos co obxectivo de fomentar valores de solidariedade de xustiza e de paz. Fixemos un supermural deste día con pombas e traballos elaborados entre todos. Nos cursos de primaria elaboraron distintos murais a carón de textos pola paz, e tamén reflexionaron sobre como mellorar a convivencia escolar, elaborando un decálogo consistente en dez frases relacionadas coa paz e hábitos sociais.
mércores, 12 de xaneiro de 2011
FESTIVAL NADAL 2010
Celebrámolo Nadal cun gran festival no que os alumnos realizaron unha obra de teatro e cantaron panxoliñas e bailes típicos desta data.
Moi ledos, os máis cativos tamén votaron a carta no buzón dos Reis Magos.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)



