mércores, 12 de xaneiro de 2011

FESTIVAL NADAL 2010








Celebrámolo Nadal cun gran festival no que os alumnos realizaron unha obra de teatro e cantaron panxoliñas e bailes típicos desta data.

Moi ledos, os máis cativos tamén votaron a carta no buzón dos Reis Magos.

venres, 3 de decembro de 2010

VISITA A FÁBRICA DE DIQUEIXA










Dentro do obradoiro de alimentación e consumo, neste primeiro trimestre, organizamos unha saída escolar cos alumnos de Educación Infantil para visitar a fábrica de queixos denominación Arzúa-Ulloa Diqueixa, onde puidemos participar na elaboración industrial, o etiquetado e todo o proceso do queixo desde o alimento básico, o leite, ata o seu envasado, e por suposto a degustación do mesmo. Unha experiencia moi gratificante e divertida que tivo lugar en Olveda (Antas de Ulla)

mércores, 1 de decembro de 2010

OBRADOIRO DE TRADICIÓN ORAL COÑECEMOS OS HÓRREOS





Da man dun experto na recollida de tradición oral e elaboración dos hórreos, tentamos achegar aos máis novos o gusto por estas construccións tan importantes en Galicia, así como coñecer a súa utilidade e a importancia no noso entorno.

mércores, 24 de novembro de 2010

O MAGOSTO NO NOSO CENTRO


Como todos os anos festexamos o Magosto na escola, achegando esta tradición de outono a todos os escolares. Confeccionamos conos e bolsos ca Castaña Dorinda como podedes ver neste imaxe para depositar as castañas asadas.

xoves, 4 de novembro de 2010

CONMEMORACION DOS 500 ANOS DA FEIRA DE SANTOS

 



Unha xeitosa recopilación de fotos e ilustracións a carón da memoria histórica da Feira de Santos amosou no corredor principal do cole a conmemoración dunha data tan especial e irrepetible: 500 anos da Feira de Santos.
Contamos tamén coa colaboración do profesor D. Tomás Pereiro para o coloquio amistoso cos alumnos e alumnas no cal contou as súas vivencias de como era antigamente esta feira.



mércores, 29 de setembro de 2010

CONCERTO DIDÁCTICO A CARGO DE PACIOR E MIGUEL



Os profesores de percusión e gaita da Asociación Cultural Falcatrueiros, Miguel López e Pablo Pardo, achegáronse ó noso centro para fomentar nos nosos alumnos o gusto pola música tradicional, animándoos a participar na escola de gaita, baile e percusión.
Foi un concerto didáctico sorprendente que animou a moitos alumnos a iniciarse no mundo da música.

martes, 7 de setembro de 2010

CURSO ACADÉMICO 2010/2011






¡ESTAMOS DE ESTREA!
Por fin este curso podemos disfrutar dun novo edificio para albergar o CEIP DE MONTERROSO. Un novo espazo para seguir sementando valores e normas, hábitos tentando achegar aos escolares a cultura e potenciando a lingua galega.